Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLEU O PARTIDO DE FÚTBOL-SALA ENTRE AS SELECCIÓNS DE ESPAÑA E RUMANÍA
O encontro celebrouse o martes 30 de Outubro ás 20:30 horas, con entrada gratuita para os menores de 12 anos de idade. O Pavillón encheuse de afeccionados que ocuparon as 1.253 localidades do recinto.
O Concelleiro de Deportes de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou en rolda de prensa un acontecemento deportivo internacional, que acolleu o municipio de Narón o pasado martes 30 de Outubro. Trátase da celebración dun partido de fútbol-sala entre as seleccións nacionais de España e Rumanía. “Fai 12 ou 13 anos que non viña unha selección de fútbol-sala á comarca de Ferrolterra”, lembrou Sánchez Fojo en referencia a esta convocatoria. “A próxima semana virá a Narón a selección española, e ademáis ven como campeona do mundo”, engadíu. O España-Rumanía celebrouse no pavillón polideportivo de A Gándara, cun aforo de 1.253 localidades.O partido foi organizado polo Clube Cidade de Narón e a Federación Española de Fútbol, baixo o patrocinio do Concello de Narón e de Caixa Galicia. Segundo indicou o presidente do clube, Miguel Rodríguez Aneiros, este partido foi trascendental debido á próxima celebración do campeonato de Europa de fútbol-sala, o mes de Novembro en Portugal.
Más fotos de la noticia

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal