Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBA O CONVENIO PARA A CONSTRUCCIÓN DAS OBRAS DE SANEAMENTO DO TRAMO O CADAVAL-NEDA
Con este último proxecto quedará completada a rede de saneamento da ría.
Narón, 29 de Xaneiro de 2015.- A Corporación Municipal de Narón celebrou hoxe o Pleno Ordinario correspondente ó mes de xaneiro, no que se aprobou o convenio que subscribirá o Concello de Narón coa Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia e a Sociedade Estatal Aguas de las Cuencas de España S.A. para a execución e explotación das obras do Interceptor Xeral da marxe dereita da ría de Ferrol: tramo Cadaval-Neda. O convenio foi aprobado cos votos a favor de TEGA, PP e Grupo Mixto, a abstención do PSOE e o voto en contra do BNG. Este proxecto forma parte das obras de construción e explotación da rede de saneamento da ría, e están cualificadas como de “interese xeral do Estado” pola Lei 22/1997, do 8 de xullo. O tramo Cadaval-Neda inicialmente prestará servizo exclusivamente ó municipio de Narón, aínda que no futuro e previo abono das taxas que resulten procedentes, poderíase ampliar ao limítrofe Concello de Neda. Dentro da orde do día de hoxe tamén se aprobou a participación do Concello de Narón no “Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2015” da Deputación Provincial da Coruña, segundo o cal a administración provincial asigna ó Concello a cantidade de 449.095,76€, que se dedicarán á redución do endebedamento. O préstamo provincial se aplicará sen xuros, con dous anos de carencia e un prazo de devolución de 10 anos a partir de 2017. O PP votou en contra e o resto de partidos fíxoo a favor deste acordo. Hoxe tamén aprobouse por unanimidade unha moción do grupo municipal do PSOE instando ó Goberno de España a que “garanta o acceso ás novas terapias para os doentes de Hepatite ‘C’ e iniciar un proceso de prevención”. Asimesmo, o Pleno do Concello de Narón insta ó Goberno galego a adoptar as medidas necesarias para que a terapia cos novos fármacos para a Hepatite ‘C’ se dispense nas farmacias hospitalarias a aqueles doentes aos que lles sexa prescrita polos médicos especialistas do Servizo Galego de Saúde, de xeito inmediato.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es