Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O DIA DE ROSALÍA DE CASTRO EN NARÓN SE CELEBRA O MARTES 24 CUNHA CONFERENCIA SOBRE A SÚA OBRA
Será impartida por Goretti Sanmartín, profesora da Universidade da Coruña, no Café Teatro do Pazo da Cultura, con entrada libre.
Narón, 20 de Febreiro de 2015.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe en rolda de prensa o acto que se desenvolverá con motivo da celebración do Día de Rosalía, o vindeiro 24 de febreiro. A idea de homenaxear á escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas xurdiu a raíz dunha moción dos grupos políticos do BNG, TEGA e PSOE, levada a Pleno e aprobada en febreiro do ano 2012. Dende entón o día 24 de febreiro quedou declarado como Día de Rosalía en Narón. Nesta ocasión, para celebrar esta data o Concello ten programada unha conferencia baixo o título “Por que somos Rosalía?” que será impartida por Goretti Sanmartín Rei. O acto comezará ás 20:15 horas e a entrada é de balde. A ponente, que é doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, exerce na actualidade como profesora de Lingua e Literatura Galega na Universidade de A Coruña. Será presentada polo Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, quen hoxe lembrou que a súa obra maestra, ‘Cantares Galegos’, foi o primeiro libro escrito íntegramente na nosa lingua. “Rosalía de Castro foi unha firme defensora da lingua galega e da unidade da nosa patria, motivos máis que suficientes para homenaxeala” declarou o edil de Cultura e Tenente de Alcalde de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal