O CONCELLO ASINA CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON TÓDOLOS COLEXIOS E INSTITUTOS DE NARÓN PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
Se levarán a cabo no parque temático Aldea Nova e no Muíño de Pedroso, ata o mes de novembro.
Narón, 13 de Abril de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado pola Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, ven de asinar un convenio de colaboración con cada un dos centros escolares públicos e concertados- do municipio para a realización de actividades educativas na área recreativa de Pedroso e no parque temático de Aldea Nova (Sedes) ata o mes de novembro de 2015.
En conxunto, o Concello de Narón destinará un total de 30.000 a financiar estas actividades, dirixidas ós seguintes centros de ensino:
-CEIP Virxe do Mar
-CEIP A Solaina
-CEIP A Gándara
-CEIP Ponte de Xuvia
-CEIP Piñeiros
-CPI O Feal
-Colexio Rural Agrupado (CRA)
-CPR Ayala
-CPR Santiago Apóstol
-CPR Jorge Juan
-IES As Telleiras
-IES Terra de Trasancos.
Os directores de tódolos colexios e institutos de Narón participaron na firma destes convenios para a realización de obradoiros medioambientais nas instalacións do Parque Temático do Mundo Rural Aldea Nova (Sedes) e na área medioambiental do Río Xuvia-Pedroso, en horario escolar ou extraescolar.
Os obxectivos destas iniciativas son achegar ós máis novos a identidade antropolóxico-cultural e propiciar a ensinanza mediante técnicas prácticas e didácticas que permitan adquirir habilidades e absorber os contidos teóricos.
Están dirixidos a tódolos niveis educativos, dende Educación Infantil ata Bacharelato.
No parque temático de Aldea Nova, os participantes aprenderán a coidar o medioambiente, a reutilizar os materiais e a coidar os animais e as plantas. A relación de obradoiros e actividades previstas en Aldea Nova é a seguinte:
- Obradoiro de Horta e coñecementos de Xardinería.
-Obradoiro de Medio Ambiente e Reciclaxe.
-Obradoiro de Xogos populares e en Equipo.
-Obradoiro de Equitación.
-Obradoiro de Animais.
-Obradoiro de Pan.
-Obradoiro de Ruta.
-Obradoiro da Cultura Castrexa.
-Obradoiro de Apicultura.
-Obradoiro Casa Museo.
-Obradoiro de Astronomía.
Na área recreativa do río Xuvia, os participantes realizarán actividades de educación ambiental dirixidas no entorno do Muiño de Pedroso. Aquí se desenvolverán obradoiros dirixidos ó uso sostible da agricultura, á reutilización e á reciclaxe, ó aproveitamento artesanal de plantas para realizar ungüentos e produtos de hixiene e beleza, ó coñecemento da vexetación do Río Xuvia, e ó coñecemento da fauna autóctona do Río Xuvia. En concreto, desenvolveranse estes talleres:
-Obradoiro de Pan.
-Obradoiro de Elaboración de Queixo.
-Obradoiro de Elaboración de Chourizos.
-Obradoiro de Cestería.
-Obradoiro de Lá.
-Obradoiro de Coiro.
-Obradoiro de Horta Ecolóxica.
-Obradoiro de Cosmética Natural, Perfumes e Ungüentos.
-Obradoiro de Elaboración de Marmeladas.
-Obradoiro de Reciclaxe.
-Itinerarios Ambientais.
-Obradoiro de Pegadas e Rastros.