Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PARTICIPACIÓN CIDADÁ FAI UN CHAMAMENTO ÁS ASOCIACIÓNS DE NARÓN PARA ACTUALIZAR OS SEUS DATOS NO CONCELLO
A Concelleira de Participación Cidadá de Narón, Natalia Hermida Rico, fai un chamamento ás asociacións do municipio que aínda non recibiron ou non actualizaron os seus datos no rexistro municipal de asociación, para que se poñan en contacto co Concello.
NARON, 8 de Novembro de 2007.- Segundo explicou a Edil, moitas das cartas que se enviaron ás agrupacións de Narón están a chegar de volta ó Concello, por causas descoñecidas. “Ata o momento, xa recibimos 42 cartas, e aínda van a seguir chegando máis”, explicou a Concelleira. Por este motivo, Natalia Hermida propón a tódalas asociacións ás que non chegou a documentación “que se poñan en contacto coa Concellería de Participación Cidadá, co fin de pór ó día a súa información”. Hermida explicou que no mes de Outubro enviáronse 205 notificacións por correo e repartíronse outras 40 cartas en mano. Do total de avisos, o Concello xa recibiu a resposta de 30 asociacións, que actualizaron os seus datos no departamento de Estatística a partires da documentación aportada pola Concellaría de Participación Cidadá. Non obstante, a Edil quere que o proceso de actualización dos datos poida chegar a tódalas agrupacións veciñais, culturais, de maiores, deportivas, xuvenis, empresariais e ANPAS de Narón. Dende a Concellería de Participación Cidadá xa se mantivo un primeiro encontro con organización veciñais, de maiores, xuvenís e culturais, no que se lles explicou o proceso a seguir para pór ó día os seus datos administrativos. Aquelas agrupacións que o desexen poden contactar coa Concelleira Natalia Hermida no horario de atención ó público, os martes de 11 a 13 horas na 3ª planta do Concello, ou ben chamando por teléfono ó Consistorio.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal