Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLE A V EXPOSICIÓN NACIONAL CANINA 'CIDADE DE NARÓN' ESPECIAL PRIMAVERA
O evento se celebra os días 9 e 10 de maio e inclúe unha Exhibición de Agility e un Concurso de Mascotas.
Narón, 5 de Maio de 2015.- A Concelleira de Festas e Ocio de Narón, Mª del Mar Gómez, presentou hoxe en rolda de prensa a V Exposición Nacional Canina ‘Cidade de Narón’ especial Primavera, e o Campionato Agility “Club Montegatto” que se celebrará este fin de semana (9 e 10 de maio) no recinto feiral do Trece (Sedes), organizado pola Sociedade Cinolóxica Galega (Expogal). O evento dará comezo o sábado 9 de maio ás 17:00 horas, coa proba de Agility, que consistirá nun circuíto con obstáculos que os cans deberán superar seguindo a orde establecida polo xuíz. Cada exemplar estará axudado polo seu guía, que decidirá as estratexias a seguir para dirixir ó can a través do percorrido, combinando velocidade e precisión. Hai tres niveis: básico, de competición, e alta competición. O campionato estará dirixido polo Club Montegatto, quen unha vez finalizado o mesmo, realizará unha Exhibición de obediencia, rastro e cans de asistencia para persoas con discapacidade. A continuación se celebrará o Concurso de Mascotas para cans con e sen pedigree, no que se establecerán catro categorías atendendo ó tamaño de cada exemplar: Miss, Mister, Pitufín e King Kong. Este concurso está aberto á participación de tódolos tipos de cans. As inscricións se realizarán o mesmo día do concurso, e o prezo será de 3€ por cada participante. Na xornada do domingo 10 de maio se desenvolverá a V Exposición Nacional Canina ‘Cidade de Narón’ Especial Primavera, con punto obrigatorio do Campionato Autonómico. O cronograma desta competición é o seguinte: -De 10:00 a 11:00 horas: entrega da documentación e comezo do control veterinario itinerante. -De 11:00 a 14:00 horas: comezo dos xuízos da II Exposición Nacional Canina, con arranxo ós horarios que se establezan para cada raza. Tódolos exemplares participantes deberán estar expostos no ring media hora antes de ser xulgados. -16:30 horas: inicio das finais. Os exemplares dividiranse nas seguintes categorías: clase campións, clase aberta, clase xoves, clase cachorros, clase moi cachorros, clase parellas, e grupo de cría. Para máis información sobre inscricións, pódese consultar a web www.expogal.es

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal