Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO DE ESPAÑA LATINOS 2015
Máis de seiscentas parellas participarán nas diferentes probas de baile que se celebrarán no Pazo da Cultura e no pavillón polideportivo da Gándara
Narón, 24 de Xuño de 2015.- O Concello de Narón acollerá esta fin de semana o Campionato de España Latinos 2015. Este venres terá lugar no Pazo da Cultura o Campionato de España de Danza Coreográfica, que é a novidade desta convocatoria e no que se inscribiron trece equipos, se ben o XIV Trofeo de Bailes Deportivos Cidade de Narón se disputará o venres e o sábado no pavillón polideportivo da Gándara. No acto de presentación do evento estiveron presentes os concelleiros de Deportes e Cultura, Román Romero e Marián Ferreiro, respectivamente, e a representante do Club Baile Deportivo Narón, Sandra García. No Campionato de España Latinos 2015, que se celebra por primeira vez en Narón, participarán 615 parellas (un total de 53 son da localidade), cuxas actuacións valorarán 30 xuíces. O Concello de Narón destina unha partida de 45.000 euros ao evento, a través da Concellería de Cultura, tal e como explicou a titular desta área, Marián Ferreiro. A edil naronesa valorou o feito de que se celebre no municipio este campionato estatal e incidiu na aposta do Concello por este tipo de actividades “porque consideramos que a Cultura e o Deporte deben estar tamén sempre na primeira liña da política, neste caso municipal, para apoiar tanto ás persoas que practican actividades relacionadas con estas dúas áreas como ás programacións vencelladas ás mesmas”. O edil de Deportes, Román Romero, e a representante do Club Baile Deportivo Narón, Sandra García, explicaron detalladamente o programa da convocatoria. O acto de apertura de portas será o venres ás 17.00 horas no Pazo da Cultura e ás 17.55 comezará o Trofeo Standard e Latinos. As probas das modalidades Junior, Xuvenil, Youth e Latinos en diferentes niveis desenvolveranse entre as 18.00 e as 18.50 horas, para a continuación entregar os primeiros trofeos. As sesións do campionato de España comezarán ás 19.25 horas, coa modalidade de Danza infantil, á que seguirán as dos niveis xuvenil, junior e absoluta. A entrega de trofeos desta competición está programada para as 20.45 horas. As entradas para asistir están xa á venta no Pazo da Cultura e teñen un prezo de seis euros. O sábado e o domingo pola mañá continuarán na Gándara as probas de ascenso de categorías nas diferentes modalidades. A programación do Campionato de España de Latinos desenvolverase o sábado pola tarde, a partir das 14.50 horas no pavillón polideportivo da Gándara. Ata as 16.30 terán lugar os oitavos e os cuartos de final das categorías Senior, Xuvenil, Junior e Youth para a continuación dar comezo o tradicional desfile de bandeiras. As semifinais do Campionato de España Latinos 2015 iniciaranse ás 17.00 horas –nas mencionadas categorías- e as finais comezarán ás 18.55, rematando sobre as 22.10 horas. Na xornada dominical as probas do campionato de España comezarán ás 14.30 horas, cos oitavos de final, aos que seguirán os cuartos e xa ás 17.00 horas o desfile de bandeiras. As semifinais desta convocatoria serán a partir das 17.20 horas e ata as 19.20, cando se iniciarán as probas da final. A competición rematará pasadas as dez da noite, coa entrega dos trofeos. O concelleiro de Deportes, Román Romero, anunciou que as entradas do sábado e o domingo se venderán eses mesmos días a partir das 08.00 horas no pavillón polideportivo da Gándara a un prezo de 10 euros. Os asistentes poderán acollerse a un desconto no caso de mercar as dos dous días, que teñen un prezo de 16 euros. O Padroado de Cultura, a Federación Española de Baile e o Club de Baile Deportivo Narón organizan a convocatoria, na que colabora a Concellería de Deportes de Narón
Descarga de archivos
HORARIOS CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BAILE LATINOS 2015
Tamaño:433,08 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal