Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL DE ENVELLECEMENTO ACTIVO
A administración local oferta cursos de Ioga, Ximnasia rehabilitadora, Memoria e Música coral
Narón, 1 de xullo de 2015.- A Concellería de Promoción Social de Narón abriu o prazo de matrícula nas actividades do programa de Envellecemento Activo para o curso 2015-2016. As persoas maiores interesadas en participar nesta iniciativa poden formalizar no Servizo Sociocomunitario –na primeira planta do Concello- as novas inscricións nas clases de Ioga, Ximnasia rehabilitadora, Memoria e Música coral, que son as actividades ofertadas e a desenvolver entre os meses de setembro deste ano e xuño do próximo. As sesións impartiranse nos centros comunitarios e nos locais sociais do municipio. Os maiores de sesenta anos deberán formalizar antes do vindeiro 15 de xullo as inscricións das modalidades de Ioga, Ximnasia rehabilitadora, Memoria e Música coral. O prazo habilitado para que se matriculen os menores de sesenta anos, neses mesmos cursos, abrirá o 16 de xullo e manterase ata finais deste mes. O Programa de Atención ás Persoas Maiores aposta por mellorar as condicións de vida do colectivo a través de diferentes actividades. O prezo da matrícula é de 8,15 euros ao mes, que se deberán aboar na Caixa do Concello, localizada na planta baixa. Desde a Concellería de Promoción Social de Narón anímase aos maiores da localidade a participar neste programa, deseñado especificamente para os veciños do concello.
Descarga de archivos
Solicitude
Tamaño:274,30 KB

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es