Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PARQUE FLUVIAL DE FREIXEIRO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA UNHA NOVA EDICIÓN DO MERCADO MEDIEVAL DE NARÓN
O variado programa de actividades deste evento comezará a desenvolverse o venres pola tarde
Narón, 7 de xullo de 2015.- A cuarta edición do Mercado Medieval de Narón celebrarase esta fin de semana no parque fluvial de Freixeiro. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, e o xerente da empresa organizadora, Antonio Otero (Géminis Servicios Temáticos), que coorganizan esta cita, presentaron hoxe o programa a desenvolver durante a convocatoria, que terá lugar os días 10, 11 e 12 de xullo. En total participarán este ano algo máis de sesenta postos, que porán á venta produtos de alimentación e artesanía, entre outros. Máis de medio cento de locais do Mercado Medieval abrirán este venres ás 18.00 horas e ás 18.30 iniciarase un variado programa de actividades de animación que inclúe música, sesións de contacontos, maxia, pasarrúas e outros espectáculos que animarán a veciños e visitantes. A primeira xornada da convocatoria pecharase coa actuación do Fakir Testa (O home ignífugo), que dará comezo ás 23.30 horas. A celebración retomarase o sábado pola mañá, a partir das 11.00 horas, coa apertura dos postos do Mercado e continuará co desenvolvemento do variado programa deseñado para a ocasión, con múltiples actividades, ata as 14.30, momento no que chegará a “Hora del buen yantar”. Pola tarde o horario será desde as 18.00 ata o inicio do último espectáculo, que correrá novamente a cargo do Fakir Testa, ás 23.30 horas. Na última das xornadas do IV Mercado Medieval de Narón, o domingo, os concertos, pasarrúas, a maxia, os contacontos e os espectáculos de lume do Fakir Testa volverán ser os protagonistas no parque fluvial de Freixeiro tanto durante a mañá, entre as 11.00 e as 14.30 horas, como pola tarde, desde as 18.00 ata pasadas as 23.30 horas, cando finalice o último espectáculo. O xerente de Géminis Servicios Telemáticos salientou algúns dos espectáculos a desenvolver durante os tres días, como “El libro mágico”, pensado para fomentar a lectura entre os nenos e nenas, ou “La captura del dragón”, cunha réplica dun exemplar de tres metros de altura que percorrerá a zona do parque fluvial de Freixeiro. Así mesmo, apuntou que haberá unha noria medieval, un castillo elástico e un carrusel. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, valorou a resposta dos participantes, que superan aos da convocatoria do pasado ano. “Animo a todos os veciños e veciñas de Narón e doutros concellos a visitar esta edición do Mercado Medieval, onde poderán gozar dun intenso e variado programa pensado para os maiores pero sobre todo para os nenos e as nenas, aos que se dirixen boa parte das actividades”. A edil naronesa anunciou que este venres, ás oito da tarde, unha comitiva municipal realizará un percorrido polo parque fluvial de Freixeiro para visitar o mercado.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal