Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN PARA CONDENAR O DOBLE CRIME DE ARBO
Os asistentes gardaron un minuto de silencio na Praza de Galicia
Narón, 8 de xullo de 2015.- Persoal do Concello de Narón concentrouse este mediodía, á unha, na Praza de Galicia, para gardar un minuto de silencio en sinal de repulsa do crime rexistrado a finais da semana pasada na localidade pontevedresa de Arbo, con dúas vítimas mortais. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, estiveron acompañados por outros representantes da corporación local e funcionarios do Consistorio. O pasado venres localizáronse no interior dun vehículo en Arbo os cadáveres de Beatriz Rodríguez, de 30 anos, e Sergio Rodríguez, de 36, ambos con disparos dunha escopeta de caza presuntamente efectuados pola exparella da muller, un home ao que se lle imputaron dous delitos de homicidio e asasinato e actualmente na cadea. Coa concentración de hoxe o Concello de Narón quixo manifestar publicamente a súa rotunda condena aos actos de violencia machista.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es