Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE E EDÍS DO GRUPO DE GOBERNO DOARON HOXE SANGUE NUNHA DAS UNIDADES MÓBILES DO CTG PARA APOIAR A CAMPAÑA DE VERÁN
O vehículo estivo hoxe nas inmediacións do centro de saúde
Narón, 14 de xullo de 2015.- O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os edís Marián Ferreiro e Mar Gómez, acudiron a doar sangue á unidade móbil localizada durante a xornada de hoxe na rúa 25 de Xullo, nas inmediacións do centro de saúde. O vehículo permanecerá na mesma ubicación nesta xornada en horario de tarde, desde as 15.30 ata as 21.00 horas. Desde o Centro de Transfusión de Galicia recordan que están baixos os niveis de sangue A+, 0+ e 0-, e normal os grupos A+, B+ e B-. Desde o goberno local de Narón amosaron publicamente o seu respaldo á campaña de verán do CTG e faise un chamamento a todas aquelas persoas que poidan doar sangue para que se despracen tanto aos puntos fixos como ás unidades móbiles do CTG que semanalmente se desprazan pola comarca para realizalas, incidindo na importancia de colaborar nas mesmas sempre que sexa posible.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal