Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A AUGA DA REDE DE ABASTECEMENTO XA E APTA PARA O CONSUMO HUMANO
A Xunta levantou a restrición que pesaba sobre o subministro de auga da rede de abastecemento municipal
Narón, 18 de xullo de 2015.- A xefa Territorial de Sanidade, Cristina Pérez, asinou hai unhas horas un escrito dirixido ao alcalde de Narón, José Manuel Blanco, no que anuncia que, en base ás últimas análises realizadas sobre a calidade da auga na localidade se determina que é apta para o consumo humano. Desde xeito, a administración autonómica retira a prohibición de utilizala para a súa inxesta e usos alimentarios que se ordenou o pasado xoves. A Xunta explica ademais que se continuará mantendo o programa habitual de vixilancia e “un especial seguimento e comprobación”. Ao levantarse a prohibición tamén se deixará de entregar auga potable nos puntos establecidos por este concello mentres durou a prohibición do seu uso para beber e cociñar, o Centro de Recursos Solidarios de Narón e o Pavillón Polideportivo Campo da Serra, en Santa Icía.
Descarga de archivos
Tamaño:26,92 KB

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es