Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE FORMACIÓN HABILITA II 2015
As sesións comezarán a impartirse o vindeiro mes de setembro
Narón, 31 de xullo de 2015.- A Concellería de Formación e Novas Tecnoloxías, dirixida pola edil Natalia Hermida, anuncia a convocatoria de novos cursos do programa formativo municipal Habilita II 2015. As sesións diríxense a persoas desempregadas do municipio, maiores de 18 anos, e desenvolveranse entre os meses de setembro e decembro deste ano. A concelleira naronesa informa aos interesados en asistir de que o prazo de inscrición se abrirá o 3 de agosto, ebendo cumplimentarse unhas instancias que se entregarán no Rexistro Municipal –podendo recollelas no propio rexistro ou descargalas da páxina web do Concello: www.naron.es-, de luns a sábado de 8.30 a 13.00 horas, ata o 31 de agosto, tendo que entregar a documentación compulsada no momento que se lles comunique por teléfono a obtención da admisión. Nesta ocasión convocaranse unha decena de especialidades, das que poderán beneficiarse un máximo de 155 persoas a través das clases que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e na Aula Cemit de Xuvia. As prazas concederanse por rigorosa orde de inscrición. Na modalidade de ámbito interprofesional inlúense os cursos de Prevención de Riscos Laborais -60 horas e a impartir previsiblemente do 18 de novembro ao 4 de decembro-; Hixiene Alimentaria para manipuladores de alimentos -5 horas, cunha única sesión o 2 de decembro- e Primeiros Auxilios -5 horas, o 3 de decembro-. Todos eles terán lugar no Centro Municipal de Formación, en horario de 9.00 a 14.00 e diríxense a 20 alumnos cada un. No ámbito interprofesional de innovación e emprendemento convocarase un curso de Autoemprego –100 horas, do 20 de outubro ao 17 de novembro- no Centro Irmás Froilaz e destinado a dez persoas. O programa inclúe un curso de Xestión de almacén-carretilleiro -100 horas, do 23 deoutubro ao 20 de novembro-, tamén no Centro Irmás Froilaz da Gándara e que poderá ter un máximo de quince alumnos. No ámbito de inclusión tecnolóxica prográmanse un total de sete cursos –dous deles contarán con dúas convocatorias para habilitar quendas de mañá e de tarde-. No Centro Municipal de formación terán lugar do 7 de setembro ao 2 de decembro as clases de Xestión empresarial con software libre, de 300 horas de duración e dirixido a dez alumnos. A Aula Cemit de Xuvia será o lugar no que se desenvolverán os cursos de Iniciación á informática e internet -150 horas, do 7 de setembro ao 29 de outubro-; Mellora de Empregabilidade on line -75 horas, do 30 de outubro ao 27 de novembro, ofrecéndose horarios de mañá e de tarde-; Mecanografía on line -25 horas, do 30 de novembro ao 9 de decembro, tamén en horarios de mañá e tarde- e o de Deseño web e mercadotecnia on line -150 horas, do 7 de setembro ao 29 de outubro-. Todas as sesións do ámbito de inclusión tecnolóxica terán un máximo de dez alumnos por curso. O programa reservará tres prazas por cada curso para persoas consideradas en risco de exclusión social, que se derivarán desde o Servizo Sociocomunitario. No caso de que queden vacantes estas prazas cubriranse a través das solicitudes entregadas por rexistro, atendendo á orde na que se formalizaron. No momento de cubrir os impresos os demandantes poden indicar a preferencia das accións formativas pero só poderán solicitar un máximo de dous cursos. As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ao número de teléfono 981 33 77 00 (extensións: 1123/ 2602/ 1120 ou 1107). A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, recordou que na primeira fase do programa municipal Habilita 2015, que se desenvolveu entre os meses de xaneiro e xuño, recibiron formación específica sobre varias materias un total de 319 persoas. “Para o goberno local son moi importantes todos estes programas formativos dirixidos a desempregados e cuxo obxectivo é a mellora da súa empregabilidade”, subliñou Natalia Hermida. A edil comprometeu o respaldo do goberno local a este tipo de iniciativas, que terán continuidade no concello naronés. Mostra deste compromiso é esta segunda parte do programa Habilita II 2015, explicou Natalia Hermida, que recordou que esta aposta por mellorar a formación dos desempregados naroneses “se completará nos vindeiros meses co Programa Integrado para o Emprego da Mancomunidade, no que ademais de Narón participan Valdoviño e Cedeira e cuxos cursos comezarán a impartirse en setembro, e os de Accións Formativas para Desempregados (AFD) –estes últimos iniciados en xullo e subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar-, con accións específicas para desempregados, ofrecendo así novas posibilidades ao colectivo para ter máis opcións de acceder ao mercado laboral nestes difíciles tempos de crise”.
Descarga de archivos
Inscrición
Tamaño:809,42 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal