Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN EN REPULSA DUN SUPOSTO CASO DE VIOLENCIA MACHISTA EN VIGO
Representantes da corporación local e persoal funcionario e laboral concentrouse ante a porta principal do Concello de Narón
Narón, 7 de setembro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabibo, asistiron xunto con representantes de todos os grupos políticos da corporación local e persoal funcionario e laboral do Concello á concentración convocada en repulsa dun suposto caso de violencia de xénero. A última hora da tarde do pasado día 6 de agosto falecía en Vigo unha muller de nacionalidade brasileira, de 46 anos, presuntamente vítima dunha serie de golpes que supostamente lle propinou a súa parella, un home de 31 anos, de Vigo. De confirmarse tralas investigacións policiais as casusas deste suceso sería a terceira muller morta en Galicia no que vai de ano por un suposto caso de violencia de xénero. O goberno local de Narón convocou unha concentración silenciosa ás portas da Casa Consistorial en sinal de repulsa a este tipo de actos e para condear a violencia machista.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal