Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN LOCAL TRANSMITE AS SÚAS CONDOLENCIAS AOS CONCELLOS DE CAMBRE E CARRAL POLO ACCIDENTE REXISTRADO NO RALLY DA CORUÑA
No suceso faleceron seis persoas e quince resultaron feridas pero un día máis tarde finou unha menor
Narón, 7 de setembro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou un burofax que se remitiu aos Concellos de Cambre e Carral para transmitirlles aos alcaldes de ambos municipios, José Luis Fernández e Óscar García, respectivamente, o seu pésame e o da corporación local de Narón polas “irreparables consecuencias” do accidente que tivo lugar na xornada do pasado sábado no Rally da Coruña, con seis vítimas mortais e dezaséis feridos, dos que unha menor faleceu tamén nas últimas horas. No escrito o alcalde transmitiu ademais o desexo da corporación local dunha pronta recuperación para as persoas que resultaron feridas no fatal accidente e transmitiu as condolencias ás familias das vítimas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal