Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE RECIBIU NO CONCELLO Á NOVA DIRECTIVA DE COFER
O rexedor local e os representantes da entidade analizaron varias iniciativas para impulsar os sectores empresarial e comercial
Narón, 8 de setembro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu no Concello á nova directiva da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer), presidida por Cristóbal Dobarro. Á xuntanza acudiron tamén en representación da entidade: José Rilo, vicepresidente; Pablo Rivera, secretario, e Roberto Hermida, vocal. O rexedor local e os empresarios abordaron no encontro asuntos como a necesidade dunha coordinación entre Cofer e as administracións públicas para traballar conxuntamente na defensa do sector industrial e comercial de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Así mesmo, na convocatoria analizouse a posibilidade de chegar a diferentes acordos que permitan mellorar o actual funcionamento do Plan Ferrol, para que se consolide como un sistema real de axuda aos empresarios da zona. A coordinación entre as partes implicadas para acadar rebaixas no proceso de venta de chan industrial na comarca foi outro dos asuntos abordados entre os representantes de Cofer e o alcalde naronés. Por último, no encontro incidiuse na necesidade de abordar na Mancomunidade –na que están representados, ademais de Narón e Ferrol, os concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos e Neda- a importancia da coordinación entre o sector e as administracións públicas para traballar nunha mesma liña que permita impulsar o sector e que aposte pola competitividade das industrias asentadas nos diferentes concellos da comarca. Blanco subliñou a importancia de apostar “polo desenvolvemento do potencial que ofrecen os sectores empresarial e comercial desta zona, no que debe ser unha firme aposta polo mantemento e a creación de postos de traballo ao tratarse dunha comarca moi castigada pola crise económica e que lamentablemente rexistra desde hai varios anos unhas cifras de desemprego moi elevadas”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal