Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL REUNIUSE CON REPRESENTANTES DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CULTURAIS E ANPAS DA LOCALIDADE
Na convocatoria, que tivo lugar no Pazo da Cultura, os asistentes recibiron información sobre as Escolas Culturais Municipais e actividades extraescolares e en horas lectivas
Narón, 14 de setembro de 2015. As concelleiras de Cultura e Ensino, Marián Ferreiro e Mercedes Taibo, respectivamente, convocaron aos representantes de asociacións de veciños da localidade; asociacións de nais e pais e direccións dos colexios do municipio e tamén das asociacións culturais en activo para ofrecerlles –nas instalacións do Café Teatro do Pazo da Cultura- información sobre as Escolas Culturais Municipais e tamén sobre as actividades extraescolares e en horas lectivas. A reunión comezou ás 19.00 horas e á mesma asistiron tamén técnicos do Concello de Narón. Marián Ferreiro explicou que na xornada do 14 de setembro se procedeu a abrir o prazo de matrícula nas diferentes Escolas Culturais Municipais, que permanecerá aberto ata o vindeiro 3 de outubro, así como do custe de cada unha das actividades e da diversidade das mesmas –Escolas tradicionais, artísticas, de actores e actrices e de música da Asociación Cultural Musical Sementeira-, ampliándose este curso 2015-2016 a oferta coas Aulas de Acordeón, dirixidas a nenos e nenas a partir de oito anos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal