Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PASEO MARÍTIMO DE XUVIA ACOLLERÁ A "LXXIV EXPOSICIÓN MONOGRÁFICA DE PASTOR ALEMÁN. II TROFEO CIDADE DE NARÓN"
Máis de 150 cans desta raza participarán no evento, que terá lugar o domingo día 27
Narón, 22 de setembro de 2015. O concelleiro de Deportes, Román Romero, e Francisco Feal, delegado de cría e vocal en Galicia do Real Club Español del Perro de Pastor Alemán (Ceppa), presentaron a “LXXIV Exposición Monográfica de Pastor Alemán. II Trofeo Cidade de Narón” que terá lugar este domingo, día 27, no paseo marítimo de Xuvia e no que colabora o Concello de Narón. Á convocatoria, que comezará a desenvolverse ás 09.30 horas e inclúe unha solta de palomas a cargo da Unión Colombófila Mensaxeiras Mariñas Altas ás 13.00 horas, asistirán algo máis de 150 cans procedentes de diferentes puntos de Galicia e tamén doutras comunidades de España e de países como Portugal ou Francia, entre outras localizacións. A convocatoria inclúe ademais a segunda edición do “Memorial José Manuel Abad”, en recordo deste veciño de Narón, falecido hai dous anos e que pertenceu á directiva do Real Ceppa. Francisco Feal explicou que a cita reunirá en Narón a xuíces moi recoñecidos a nivel internacional, como Lothar Quoll, Cristoph Ludwig e Ignacio Blat, que se encargarán de valorar as diferentes características dos cans que participan na exposición. As diferentes puntuacións realizaranse en función da idade dos animais, dende cachorros ata os maiores de 24 meses. Tanto a organización do evento como o edil de Deportes de Narón animan á veciñanza a acudir a esta exposición monográfica, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal