Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN LOCAL ACEPTA NO PLENO A RENUNCIA DO POPULAR MIGUEL DE SANTIAGO Á SÚA ACTA DE CONCELLEIRO
O goberno local aprobou a conta xeral do Concello o Padroado da Cultura e a empresa mixta Cosma correspondente ao ano 2014
Narón, 24 de setembro de 2015.Na sesión plenaria deste mes de setembro no Concello de Narón a corporación local aceptou a renuncia do edil e ata agora portavoz do grupo municipal do PP de Narón, Miguel de Santiago, á súa acta de concelleiro, asumindo o edil popular Marcos Balado a portavocía do grupo provisionalmente durante o pleno e pasando a formar parte, xunto cos portavoces do BNG e do PSOE, Pablo Villamar e Catalina García, respectivamente, do Consello de Administración da Empresa Mixta Cosma, proposta esta última que non respaldou o Grupo Mixto. O grupo de goberno aprobou tamén unha modificación de crédito por importe de 190.445 euros que se destinarán a convenios deportivos –co Club Baloncesto Santiago Apóstol e o Cidade de Narón-; á área de Bibliotecas; á construción dunha rampa no colexio de San Mateo; ao pintado e zócalo do Pazo da Cultura; ao Plan de Mobilidade e a outros proxectos. O tripartito naronés sacou tamén adiante cos votos en contra do Grupo Mixto e a abstención do PP o acordo para autorizar ao alcalde, José Manuel Blanco, a nomear persoal funcionario interino ou persoal laboral temporal para supostos excepcionais, necesidades urxentes e inaplazables naqueles sectores considerados prioritarios ou que afecten ós servizos públicos esenciais. Tamén o grupo de goberno sacou adiante, co apoio do PP e a abstención do Grupo Mixto, unha proposta sobre modificación da base 10ª do orzamento xeral, sobre ampliación de crédito destinado aos gastos xerados pola realización de espectáculos sometidos ao convenio Platea (co Ministerio de Cultura) ou nos que as compañías acorden co Padroado da Cultura actuar por unha porcentaxe de taquilla. A corporación local respaldou por unanimidade a desvinculación do Concello do Golfo Ártabro e a súa adhesión ao Grupo de Acción Local de Pesca (GALP), e outra adhesión á “Estrategia de promoción de la salud y prevención en el Sistema Nacional de Salud (SNS). O goberno local aprobou ademais no pleno a conta xeral (Concello, Padroado de Cultura e empresa mixta Cosma) do exercicio 2014, cos votos en contra do PP e a abstención dos dous edís do Grupo Mixto. Na sesión plenaria sometéronse a votación dúas mocións, unha do Grupo Mixto (EU), solicitando a derogación da Lei de racionalización e sostenibilidade da administración local, rexeitada polos edís de TEGA, PSOE, BNG e PP, e outra tamén do Grupo Mixto (ENE) para crear un Plan Territorial de Xestión de Resíduos que se aprobou por unanimidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal