Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AMPLÍA UNHA SEMANA O PRAZO DE MATRÍCULA NAS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS
As persoas interesadas poderán inscribirse nos diferentes cursos ofertados ata o 10 de outubro
Narón, 3 de outubro de 2015. A concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, anunciou a ampliación do prazo establecido inicialmente para matricularse nas Escolas Culturais Municipais. A edil naronesa indicou que ante a elevada demanda de prazas nas diferentes escolas –que se ofertan a través do Padroado da Cultura-, as persoas interesadas poderán formalizar a súa matrícula nas oficinas do Pazo da Cultura ata o día 10 de outubro. Na modalidade de Escolas tradicionais ofértanse clases de Danza –a partir de 5 anos-; Gaita e Percusión –ambas opcións desde os 6 anos-, Canto e Pandeireta –desde os 5 anos-; Zanfona –a partir de 8 anos-; Construción de Instrumentos –maiores de 16-; O Recuncho dos Pequechos -3 e 4 anos- e, como novidade este ano, tamén haberá de Acordeón –desde 8 anos-, cuxas clases impartirá o mestre Jorge Vázquez. O prezo de cada curso é de 63,10 euros. Entre as enmarcadas na área de Artísticas están as clases de Debuxo –maiores de 6 anos- e Teatro –desde os 14-, co mesmo prezo que as anteriores. Así mesmo, amplíase tamén o prazo para anotarse ás clases da Escola de Actores e Actrices, que custa 63,10 euros o curso de acceso e 208 euros os niveis de primeiro, segundo e terceiro, e nas de Bailes de salón, cun prezo de 31,60 euros por matrícula. As persoas que se inscriban en tres ou máis cursos poden acollerse ao aprazamento de pago, abonando o importe correspondente do 9 ao 12 de decembro. Para recibir máis información ao respecto pódese chamar ao Pazo da Cultura de Narón, ao teléfono 981 391 144.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal