Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLERÁ A XV EDICIÓN DA FEIRA DO MEL E DE PRODUTOS ECOLÓXICOS E ARTESÁS
A cita que se celebra o sábado e o domingo en Sedes reserva un apartado específico para promocionar a cervexa artesá
Narón, 8 de outubro de 2015. O recinto feiral do Trece, en Sedes, acollerá esta fin de semana, a décimo quinta edición da Feira do Mel e dos produtos ecolóxicos e artesáns, organizada polo Concello de Narón. A edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez, anunciou as novidades desta convocatoria, que inclúe un apartado específico para promocionar a cervexa artesá. En total, instalaranse 26 postos no interior da nave do recinto –sete de mel; dez de artículos de artesanía e os nove restantes de alimentos ecolóxicos- e haberá outros nove postos con cervexa artesá baixo unha carpa situada nas inmediacións das naves. A edil de Feiras e Mercados presentou o evento acompañada polo presidente da Asociación para a Divulgación da Cultura Cervexeira Artesá de Galicia, Pablo Casanova, e de Jorge Lema, representante da Asociación Galega de Apicultura. Os diferentes postos estarán abertos o sábado e o domingo entre as 11.00 e as 14.00 horas e de 16.00 a 19.00. O apartado gastronómico correrá a cargo dun cortador profesional de xamón e dunha pulpeira que acudirán a esta cita, onde tamén se venderá pan de Carral. Os asistentes poderán participar nun sorteo –o domingo pola tarde- dun lote de cervexa ecolóxica se completan o “percorrido cervexeiro”, que consiste en adquirir alomenos un produto en cada posto da carpa e cubrir unha tarxeta que deberán depositar nunha urna alí instalada para a ocasión. Non faltará unha sesión musical, con sesión vermú e na tarde-noite do sábado e do domingo para amenizar a convocatoria. Os representantes da asociación de cervexeiros e de AGA destacaron a calidade dos produtos que se porán á venta na XV Feira do Mel, moitos deles elaborados na comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal. O Concello habilitará un servizo de autobús gratuíto para facilitar os desprazamentos ata a zona da feira, que partirán da praza do Concello ás 10.30 e ás 16.30 horas os dous días –parando a recoller xente en Freixeiro, xunto ao establecemento Froiz, e en Xuvia, nas inmediacións do antigo Concello- e con hora de regreso prevista ás 13.30 e ás 20.00 horas, tal e como recordou Mar Gómez. Ofrécese tamén a posibilidade de acampar de balde a fin de semana nunha das parcelas do recinto. A edil naronesa apuntou que haberá un stand específico no que se poderán doar alimentos e roupa para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. Gómez animou aos veciños e veciñas do municipio e comarca a asistir a este evento que terá lugar na parroquia naronesa de Sedes e “co que se promocionarán diversos produtos artesáns de gran calidade, ao tempo que terá un marcado carácter solidario coas doazóns que se poderán facer durante os dous días para o Centro de Recursos Solidarios”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal