Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLEU OBRADOIROS INFANTÍS E PARA ADULTOS
As actividades enmarcáronse na programación coa que se conmemorará o Día da Bilioteca o vindeiro 24 de outubro
Narón, 10 de outubro de 2015. A Biblioteca Municipal acolleu un obradoiro de “time lapse”, no que participaron un total de quince nenos e nenas de entre 6 e 10 anos. Tres cámaras gravaron durante hora e media aos menores coa finalidade de editar un vídeo en “time lapse” que recollerá a actividade nun tempo de entre tres e catro minutos, e que se presentará dentro dos actos a convocar con motivo do Día da Biblioteca, que se conmemora o 24 deste mes. A técnica do “time lapse” é empregada en fotografía e cinematografía e permite acadar un efecto visual mediante o cal todo o que se captura, e que polo xeral se desenvolve lentamente, se vexa nas imaxes a unha velocidade moi rápida, ben dando esa sensación a través de fotografías ou dun vídeo. As instalacións da Biblioteca Municipal de Narón acolleron tamén un obradoiro dirixido a adultos sobre “light painting”, unha técnica fotográfica que traballaron os dezasete asistentes, na que se xoga coa luz directa sobre as imaxes, nas que queda proxectada a través de trazos. As corenta imaxes realizadas durante a actividade permanecerán expostas na Biblioteca Municipal ata o vindeiro día 24 de outubro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal