Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA ADQUIRIR AS PARCELAS DO SECTOR IV DE RIO DO POZO
A SEPES mantén aberto ata o próximo 15 de Xaneiro o prazo para solicitar unha parcela na cuarta fase do parque empresarial. Os interesados poden recoller e entregar a documentación no Rexistro do Concello de Narón.
Narón, 12 de Decembro de 2007.- A Entidade Pública Empresarial de Suelo (SEPES) celebrou esta tarde en Narón un acto informativo, para explicar tódolos detalles do proceso de venta do Sector IV do Polígono Industrial de Río do Pozo. O director de Promoción e Desenvolvemento, Francisco Moza, estivo acompañado polo Alcalde de Narón, Xoán Gato, quen lembrou que con esta última urbanización “hoxe culmina en Narón un proceso que iniciouse a mediados da década dos 80, para crear un polígono que supera os dous millóns de metros cadrados”, dixo. O rexidor calificou como “unha satisfacción enorme o feito de vez nacer e crecer unha cidade, e en particular este polígono. Rio do Pozo convertíuse no motor comercial e industrial de Ferrolterra, e revelouse coma unha alternativa para poder reindustrializar esta comarca”, apuntou Xoán Gato. “Somos unha excepción dentro de Galicia, xa que outras cidades moito máis pobladas coma Vigo non teñen o que nos presentamos hoxe, chan industrial. E iso é pola falta de visión política dos que gobernan”, dixo, engadindo que “ahora estamos tratando de dar unha saída industrial ó polígono da Bolleira”, que comparten Narón e Valdoviño. O alcalde definiu o Sector IV de Río do Pozo, cun prezo medio de 60€/m2, coma un dos polígonos máis baratos de Galicia e de toda España. “Si a situación política axudase ós innovadores e os promotores na nosa terra, e non tivesen que marcharse fora, cambiaría moito o panorama actual”. Gato finalizou dando as gracias ós máis de 130 empresarios que asistiron ó acto, e pediulles “confianza e esperanza no futuro”. Pola súa banda, Francisco Moza recalcou a capacidade de negociación do Alcalde de Narón “quien mira mucho por el precio de las parcelas, y de hecho ha conseguido el polígono más barato de Galicia y con mejores calidades, y eso en parte es mérito de él”. O Sector IV de Río do Pozo foi calificado por Moza coma “una de las actuaciones emblemáticas de la SEPES. Está situado en un entorno privilegiado, conectado con el Puerto Exterior de Ferrol, cerca del aeropuerto y conectado con la autopista AP9”, sinalou o responsable de Promoción e Desenvolvemento do organismo estatal. Superficie e parcelas A SEPES desenvolveu en conxunto 234 hectáreas en Río do Pozo, repartidas en catro sectores. O último deles, presentado públicamente hoxe, consta de 923.280m2 de superficie, repartida do seguinte xeito: 653.236 m2 de suelo industrial, 152.246 m2 de rede viaria, 98.760 m2 de espacios libres públicos, e 19.038 m2 de equipamento público. O espazo reservado a chan industrial divídese en 144 parcelas –de entre 772 e 21.332 m2- clasificadas en dous tipos: ailladas e adosadas. As parcelas adosadas teñen unha superficie de entre 500 e 1.500 m2, e suman 36.687 m2 repartidos en 40 parcelas. Existen ademáis 104 parcelas ailladas, clasificadas en catro tipos: lixeira (14 parcelas, que suman 30.965 m2), C-1 (8 parcelas, 30.039 m2), C-2 (67 parcelas, 335.084 m2), e C-3 (15 parcelas, 220.461 m2). En canto a dotacións, dispoñen de abastecemento de auga, alumeado público, rede de hidrantes e rego, rede eléctrica, saneamento separativo, xardinería, zonas de aparcamento, e infraestructura telefónica. Respecto a este último servizo, Francisco Moza asegurou que a SEPES cumpliu os convenios vixentes coas empresas telefónicas, instalando as canalizacións oportunas para que as operadoras pudiesen dar servizo ós empresarios. “Y vamos a seguir ejerciendo presión ante las compañías, para que tengais acceso a la telefonía lo antes posible”, prometeu. En relación ó tema da enerxía eléctrica, o responsable da SEPES apuntou que o Ministerio de Vivenda tiña firmado un acordo coas eléctricas para suministrar enerxía a tódalas fases do polígono de Río do Pozo. “Aún así, nos piden una subestación eléctrica y una línea de alta tensión, para poder dar energía al Sector IV”, informou. A SEPES invertirá “una cantidad importante de dinero para mejorar la electricidad de toda esta zona”, engadíu Francisco Moza. Unha das principais novedades do Sector IV con relación ás outras tres fases do polígono é o tema do aparcamento. Esta última parte de Río do Pozo inclúe unha zona especial para 200 vehículos, ademáis de espazo reservado para estacionamento en cada un dos viais que o conforman. Outra das diferencias é a posibilidade que se lles ofrece ós empresarios de alquilar naves industriais no novo sector, en lugar de ter que edificalas. A SEPES construirá un total de 20 naves de entre 400 e 700 m2, cuio prezo de mercado se licitará a principios de 2008. Prezos de venta Os prezos varían dependendo da ubicación das parcelas, e rondan entre os 50 e os 78 euros por metro cadrado. A SEPES establece a seguinte clasificación: -Parcelas illadas: .Lixeira: 68€/m2 .C-1: 65€/m2 .C-2: 63€/m2 .C-3: 60 €/m2 -Parcelas adosadas: 70€/m2 Ademáis, establécese unha rebaixa de 10€/m2 para as parcelas de forma moi irregular e/ou menor visibilidade, 5€ para as de forma irregular, e 3€ para as que teñan o centro de transformación en frente da fachada. Pola contra, increméntase o prezo en 5€ para aquelas con frente ás dous vías principais, 10€ para as que fan esquina co vial principal, e 5€ para as de esquina a vías secundarias. Os representantes do departamento comercial da SEPES explicaron tamén ós empresarios que existen unhas determinadas normas ás que deberán ceñirse en caso de adquirir as parcelas. Resúmense en tres condicións: prohibido vender a parcela sin habela edificado previamente, obligación de integrarse na Entidade Colaboradora de Conservación (aínda sen constituir), e tres obligacións particulares ó empresario –ten que dispor de licencia de actividade, e exercela polo menos durante un ano, detallar o prazo de inicio e fin da obra, e a porcentaxe da superficie da parcela que edificará-. Solicitudes Os interesados dispoñen de dous xeitos de mercar a parcela: ven ó contado, ou financiada a través da SEPES. A entidade pública ofrece un interés fixo do 5% TAE, e un prazo de 8 anos para amortizar o préstamo (en 16 prazos, con unha entrega mínima do 10%, máis o 16% correspondente ó IVA) , cancelable sin gastos nin comisións. Para solicitar unha ou máis parcelas, os empresarios deberán cubrir un impreso de petición incluíndo os seus datos e os do proxecto, detallando se precisa a superficie para traslado, ampliación ou nova creación de industria. Ademáis, deberá aportar unha serie de documentos, e unha fianza, correspondente ó 5% do prezo da parcela sinalada coma primeira preferencia. As solicitudes poden presentarse no Rexistro do Concello de Narón, ou ben nas oficiñas da SEPES en Madrid, dende o xoves 13 de Decembro de 2007 ata as 13:00 horas do 15 de Xaneiro de 2008. A entidade pública comprométese a resolvelas antes de mediados de Febreiro do próximo ano.
Descarga de archivos
Relación de parcelas
Tamaño:195,50 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal