Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE MOCIDADE PROMOVE OBRADOIROS DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL E ASESORÍAS DE SEXUALIDADE
Os destinatarios da iniciativa son alumnos e alumnas dos IES As Telleiras e Terra de Trasancos e do CPI O Feal
Narón, 28 de outubro de 2015. A Concellería de Mocidade, presidida pola edil Natalia Hermida, promove obradoiros de Educación afectivo-sexual e Asesorías de sexualidade entre as actividades enmarcadas na área de Educación para a saúde. Estas convocatorias, que se desenvolven en horario lectivo, diríxense a alumnos de segundo curso de ESO e están ubicadas no período 2015-2016 nos IES das Telleiras e Terra de Trasancos e no CPI O Feal. A concelleira de Mocidade anunciou que os Obradoiros de educación afectivo-sexual se impartirán nos meses de novembro e decembro, previa solicitude no Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón. Nas sesións traballaranse cos menores temas como a prevención de embarazos non desexados, as enfermidades de transmisión sexual, ou os métodos anticonceptivos, entre outros. “Ampliar os coñecementos sobre estes temas por parte dos rapaces e rapazas dos centros de ensinanza da localidade é un dos obxectivos desta iniciativa, coa que se trata de ofrecerlles toda a información posible de cara a que coñezan de primeira man as situacións ás que poden enfrontarse”, explicou Natalia Hermida. A segunda opción son as Asesorías de sexualidade, que comezaron a impartirse o pasado 19 de outubro nos IES Terra de Trasancos e As Telleiras e que tamén se levaron a cabo no CPI O Feal. Este dispositivo permanecerá activo nos centros educativos ata rematar o curso e conta cun profesional que asesora aos adolescentes sobre os recursos existentes a nivel municipal e solventa as súas dúbidas en materia de sexualidade, tal e como recordou Natalia Hermida. No caso do IES Terra de Trasancos o servizo estará dispoñible os luns, en horario de 10.10 a 10.30 e no IES As Telleiras o mesmo día pero entre as 12.10 e as 12.30; no colexio do Feal atenderase os venres de 12.05 a 12.25 horas. Sexualidade, afectividade, análise crítica dos estereotipos de xénero e condutas sexistas, fisioloxía sexual e manexo de situacións de risco son algún dos contidos cos que traballarán os usuarios deste servizo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal