Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ASINA UN CONVENIO COA ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO
A entidade recibirá 12.000 euros da administración local para o desenvolvemento de varias actividades
Narón, 6 de novembro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou un convenio coa presidenta da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Concepción Lage, nun acto ao que tamén asistiu a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio. O acordo contempla unha achega da administración local de 12.000 euros para a citada entidade. Con cargo á partida, a asociación comprométese a levar a cabo diferentes programas de atención a persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, así como a colaborar en actividades que se programen desde o Concello dirixidas ao colectivo. O alcalde destacou as tarefas que realiza a asociación e animou ao colectivo a continuar traballando na mesma liña, comprometendo o respaldo da administración local. A Asociación Nuestra Señora de Chamorro inaugurou no ano 2009 un Centro de día na parroquia naronesa do Val, nas inmediacións do seu Centro ocupacional, un servizo que atende tanto ás persoas con discapacidade intelectual como ás súas familias.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal