Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PROGRAMAN ACTIVIDADES PARA TÓDOLOS PÚBLICOS DURANTE AS FESTAS DE NADAL
Haberá obradoiros e teatro infantil para os nenos, festas en Fin de Ano e na Noite de Reis, e xogos populares nas rúas para a Terceira Idade.
Narón, 18 de Decembro de 2007.- O Concello de Narón presentou hoxe a súa programación de Festas de Nadal, que se celebrará entre os días 21 de Decembro e 5 de Xaneiro principalmente na Praza de Galicia e no Auditorio ainda que tamén haberá actividades nas rúas. No deseño dos actos festivos colaboraron as Concellarías de Cultura, Festas e Ocio, Xuventude e Participación Cidadá, e Maiores, que estiveron hoxe representadas na rolda de prensa polas respectivas concelleiras. O calendario de actos se iniciará este fin de semana no Auditorio de Narón, onde haberá tres espectáculos musicais. O primeiro deles será o venres 21, cun concerto de Música de Cine a cargo de Noelia Santos e Toni Torres. O sábado cambiarase de estilo, dando paso ó Rock-Blues a cargo do grupo portugués Lucky Duckies, formado por dous cantantes e cinco músicos. E xa o domingo 23, o Auditorio naronés acollerá o xénero do Gospel interpretado por The Black Heritage Singers. Cada un destes concertos ten un prezo de 6 euros por persoa aínda que pódese mercar un bono –no propio Auditorio, a partires de hoxe- para tres concertos, polo prezo de 12 €. A próxima semana estará adicada ós pequenos, que poderán asistir o mércores 26 de Decembro á obra de teatro infantil “Unha merenda de Alicias”, e o xoves ó espectáculo “Nadal máxico”. Ambos teñen un prezo de 6€ para adultos, e 3€ no caso dos nenos. Tamén no Auditorio, o sábado 29 de Decembro celebrarase o tradicional Concerto de Fin de Ano, á cargo da Xove Banda de Narón. A cita será ás 19 horas, e terá entrada gratuita. Haberá dous novas citas de teatro infantil, o mércores 2 e o xoves 3 de xaneiro, coas obras “O merlo branco” e “Monicreques de kukas”, respectivamente. As entradas terán o mesmo prezo que as anteriores. Pero os nenos tamén poderán disfrutar de actividades gratuitas na Praza de Galicia, onde dende o 26 de Decembro haberá atraccións infantís en horario de 16 a 19 horas. Dende esa data e ata o 5 de Xaneiro haberá atraccións, un toro mecánico, cine infantil, inchables, talleres de Nadal e mesmo un concurso de karaoke- este último será o día 2 de Xaneiro-. O programa festivo se completa con talleres de maquillaxe o globoflexia, a visita dos Reis Magos, e unha festa infantil, actividades previstas para os días 3, 4 e 5 de Xaneiro respectivamente. Un dos “pratos fortes” da programación de Festas de Nadal, que conta cun orzamento de 100.000 euros, é a tradicional Festa de Fin de Ano. Nesta ocasión se habilitará na Praza de Galicia unha carpa de 1.200 metros cadrados, con calefacción e 500 sillas para os asistentes. No seu interior terá lugar unha verbena nocturna, na que actuarán as orquestas Costa Oeste e Filadelphia. A festa, de entrada gratuita, iniciarase ás 2:00 horas co lanzamento de fogos de artificio que deixarán paso á festa na que haberá consumicións e chocolate con churros a prezos asequibles, ademáis dun servizo de ropeiro, que costará 1,50€ por matrimonio. En caso de temporal, os actos se trasladarán o Pavillón de Santa Icía, aínda que se avisará co tempo oportuno. A Concellaría de Festas tamén celebrará unha verbena a noite de Reis, o 5 de Xaneiro, na Praza de Galicia, a cargo do grupo Latino. A festa iniciarase ás 22 horas e incluirá un Karaoke. Para a terceira idade, a Concellaría de Persoas Maiores deseñou tamén unha serie de actividades enmarcadas no seu Programa de Acción Sociocultural e Comunitaria, que leva por título “Nadal nas ruas” e que consistirá na práctica de xogos populares en distintos puntos do municipio, dende o luns 24 de Decembro ata o sábado 5 de Xaneiro. Os lugares ós que se levará esta actividade son os seguintes: Praza de Galicia, Pedroso-Doso, San Xiao-Castro, O Val, Praza de Alvaro Paradela, A Solaina, San Mateo, Sedes, Praza da Gándara, e Xuvia. Os actos complétanse cunha Festa de Nadal no Centro de Atención ás Persoas Maiores de Santa Icía, o próximo xoves 20 de decembro, a partires das 17:30 horas. Na celebración participará a Coral de Persoas Maiores do centro, e o Grupo Musical 70,s.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal