Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA VALORAR A CALIDADE DO SERVIZO DE INTERNET NA ZONA RURAL
O ciclo de reunións nos locais sociais iniciase en San Xiao o 24 de novembro e rematará o vindeiro mes de decembro no Val
Narón, 24 de novembro de 2015. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a convocatoria dun total de sete reunións informativas abertas á veciñanza da zona rural para abordar a calidade da conexión ao servizo de internet nas diferentes parroquias. A edil explicou que as xuntanzas se celebrarán nos locais sociais, estando convocada a primeira das citas para o 24 de novembro no de San Xiao, a partir das 20.30 horas. Acompañará á concelleira en cada reunión un técnico na materia. Tras varias queixas recibidas no Consistorio relativas á falta de cobertura de internet cun mínimo de calidade nalgunhas zonas, o Concello mantivo unha reunión con representantes da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), dependente da Xunta de Galicia, co fin de trasladarle esta problemática. Na reunión o Concello comprometeuse a enviar un informe da calidade da cobertura de internet na zona rural e, deste xeito, colaborar coa administración autonómica na procura de melloras e solucións. Con esta finalidade, explicou a concelleira de Novas Tecnoloxías, convocáronse as xuntanzas. Trala prevista en San Xiao, as seguintes terán lugar no local social municipal de San Mateo, o 27 de novembro ás 20.00 horas; no local da AVV de Pedroso, na antiga cooperativa, o 30 deste mes ás 20.00 horas; e nos locais sociais municipais de Castro, o 1 de decembro; Sedes, o 3 do vindeiro mes; Doso e O Val, o 10 e o 11 de decembro, respectivamente, tamén ás 20.00 horas en todas estas parroquias. A edil subliñou a importancia de que os veciños e veciñas acudan a estas reunións e cubran as enquisas que se lles facilitarán nos locais sociais das parroquias “para estar informados de primeira man dos pasos que estamos dando desde o Concello e solventar as posibles dúbidas que xurdan ao respecto”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal