Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A REPRESENTACIÓN DUNHA OBRA DE TEATRO DIRIXIDA A NENOS E NENAS DE 6 MESES A 3 ANOS E AOS SEUS PAIS E NAIS
A actividade terá lugar este xoves, día 3, a partir das seis da tarde, hora na que a compañía Teloncillo Teatro porá en escena a obra "Olas"
Narón, 1 de decembro de 2015. A programación da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil organizada polo Padroado da Cultura inclúe a celebración dunha función dirixida ao público infantil, desde seis meses ata tres anos, así como aos pais e nais dos menores. Así o anunciou a concelleira de Cultura de Narón, Marián Ferreiro, que explicou que a representación da obra “Olas” terá lugar este xoves, día 3, no Café Teatro do Pazo da Cultura. A posta en escena correrá a cargo da compañía Teloncillo Teatro, de Valladolid, e comezará ás 18.00 horas. “A Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil que se convoca en Narón desde hai máis de dúas décadas permite levar as representacións teatrais ás Escolas Infantís Municipais e tamén á Unidade de Preescolar do C.P.R Santiago Apóstol”, apuntou Marián Ferreiro. A edil valorou a boa acollida que ano tras ano teñen este tipo de representacións na localidade e incidiu en que a actividade a celebrar o xoves, “complementa as sesións teatrais que se están levando a cabo nas escolas infantís da Solaina, A Gándara e Piñeiros e na Unidade de Preescolar do C.P.R. Santiago Apóstol e ten entre os seus obxectivos o de facer extensible esta experiencia aos pais e nais dos menores”. O Padroado da Cultura participa como productor da obra teatral “Olas”, na que a música e a poesía centrarán a representación, localizada nun espazo moi concreto, o patio de Chloe, e cunha temática moi definida: a auga. As persoas interesadas en asistir á representación deste xoves poderán adquirir as entradas a partir das 17.00 horas dese mesmo día na billeteira do Pazo, tal e como apuntou a edil. O prezo é de 2 euros para os nenos e nenas de seis meses a tres anos e de 7,50 euros para os adultos que os acompañen.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal