Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE QUINCE EMPRESAS PRESENTARON AS SÚAS OFERTAS PARA AS OBRAS DO CENTRO DE DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL DE PEDROSO
A intervención proxectada na antiga reitoral de Pedroso estará rematada no verán de 2016
Narón, 23 de decembro de 2015. Un total de quince empresas presentaron as súas ofertas para a execución das obras do Centro de Dinamización Sociocultural de Pedroso, licitadas en 360.948,69 euros, unha cantidade que sufragarán a Deputación da Coruña –aportará o 80% do total, en base a un convenio froito das xestións realizadas polo goberno local coa citada administración no anterior mandato- e o Concello –que desembolsará o 20% restante-. A intervención proxectada permitirá recuperar a antiga reitoral de Pedroso, que no verán de 2016 se prevé que estea habilitada como centro sociocultural para uso dos veciños e veciñas, tal e como recordou o alcalde, José Manuel Blanco, que incidiu ademais en que as obras responden a unha demanda realizada pola veciñanza da parroquia e que o goberno local se comprometeu a executar. As empresas que optan á realización das obras son: Obras y Viales de Galicia (Oviga), CyS Hispania SL, Gecoga Construcciones y Proyectos SL, Construcciones Abal SA, Desarrolla Obras y Servicios, Vilamiño Construcciones, Huso 29, Armacón, Francisco Gómez y Cía., Servinor, Fonsán Gestión y Construcción, Construcciones Guerreiro Somozas SL, Construcciones Canosa SL, Orega Construcción&Servicios e Copcisa. A adxudicación terá lugar a principios do vindeiro ano e o prazo máximo de execución fixado nas bases da licitación é de oito meses. Os traballos proxectados na antiga reitoral de Pedroso –cunha superficie construída de 417,47 metros cadrados e útil de 284,42- permitirán acondicionar na planta baixa unha cafetería cunha cociña e destinar o primeiro andar a dous locais para asociacións da parroquia. A segunda planta da actual construción demolerase para reconstruír o edificio tal e como figuraba no proxecto orixinal, dos anos 30 –con baixo, unha planta e baixocuberta- e adaptalo á tipoloxía da zona rural. O baixocuberta da nova edificación utilizarase como arquivo e poderá ter algunhas outras funcións. Como novidade, construiranse dous bloques anexos á planta baixa, para os accesos –escaleiras e ascensor-, oficinas, aseos, sala multiusos, almacén e un cuarto para as instalacións. Con esta actuación gañarase unha superficie duns 130 metros cadrados. O proxecto contempla ademais o acondicionamento da parcela na que se localiza a antiga reitoral, dunha superficie de 800 metros e para a que se prevén varios usos, entre eles lúdicos e festivos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal