Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS GAÑADORES DO TERCEIRO SORTEO DA CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO LOCAL RECOLLERON OS SEUS PREMIOS NO CONCELLO
A iniciativa repartirá aínda catro carros e unha cesta con produtos navideños e catro vales de compra por un importe conxunto de 1.600 euros
Narón, 28 de decembro de 2015. O Concello de Narón acolleu o acto de entrega de catro carros e unha cesta con produtos de Nadal da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, impulsada pola Concellería de Promoción Económica, que dirixe o edil Pablo Villamar, e pola Asociación de Comercio de Narón, representada por Olga Ameneiro. Neste sorteo, o terceiro desta iniciativa nas últimas semanas, resultaron premiados cos carros con produtos de Nadal: Verónica López, Ana Belén Pena, Charo López e José Luis Rey, que depositaron as papeletas que recibiron coas súas compras nos establecementos: El globo, Zapatería Ivani, El búho azul e Bioreona, respectivamente. A gañadora da cesta cun lote de produtos navideños foi Mónica Seijas, cunha papeleta depositada no establecemento Mi Nené. O edil de Promoción Económica felicitou a todos os premiados e animounos a continuar realizando as súas compras nos comercios locais, así como a seguir participando nos sorteos que os vindeiros días se celebrarán no marco desta campaña de comercio. Pola súa parte, Olga Ameneiro agradeceu a colaboración do Concello co sector, tanto no Nadal como noutras épocas do ano, e destacou a importancia deste tipo de convocatorias para o pequeño e mediano comercio de Narón. A campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre” terá continuidade o día 31 co sorteo doutros catro carros e unha cesta con produtos de Nadal, que se entregarán o día 4 de xaneiro do vindeiro ano no Concello. Así mesmo, o día 14 terá lugar o sorteo de catro vales de compra, dous por importe de 500 euros e outros dous de 300 euros, que os gañadores deberán gastar nos comercios adheridos a esta campaña. O gasto deberá realizarse os días 20 e 21 de xaneiro do próximo ano e os gañadores estarán acompañados por persoal da organización do evento no momento en que realicen as pertinentes compras con cargo aos vales. Con cada adquisición realizada nos establecementos adheridos á campaña continuarán entregándose papeletas para cubrir e depositar nas urnas habilitadas a tal fin, co que aínda se está a tempo de participar nesta campaña de promoción do comercio local. Para obter máis información e consultar os establecementos que participan na iniciativa pódese consultar a páxina web: www.comerciodenaron.es.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es