Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
VINTETRÉS ALUMNOS FINALIZARON CON ÉXITO TRES CURSOS DE FORMACIÓN ORGANIZADOS POLO CONCELLO
Os títulos escollidos foron Construccións Metálicas, Dependente de Comercio e Carpinteiro
Narón, 29 de Xaneiro de 2008.- A Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Paloma González Cuevas, entregou onte no Concello os diplomas acreditativos ós participantes do programa municipal de formación, correspondentes ós cursos de iniciación ás Construccións Metálicas e a Dependente de Comercio (ambos cofinanciados polo Concello de Narón e a Fundación Caixa Galicia), e o curso de Carpinteiro do Plan FIP 2007 (cofinanciado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo). Catorce dos alumnos asistiron ó acto celebrado no Concello, e o resto non puido estar presente ó atoparse xa nos seus postos de traballo. A Edil estivo acompañada polo Concelleiro Guillermo Sánchez Fojo, quen acudíu en representación do Alcalde, Xoán Gato. Tamén asistiron ó acto o secretario provincial da Consellería de Traballo, José García, e a responsable de comunicación da Fundación Caixa Galicia, Elena Cardona. Paloma González, delegada de Emprego e Formación Laboral, recalcou a importancia destas acciones formativas desenvolvidas polo Concello, que permitiron un grado de inserción laboral de aproximadamente o 60% dos alumnos que iniciaron os cursos. Tamén Sánchez Fojo expresou o seu desexo de que “este curso os abra as portas do mercado laboral, e que poidades ser aínda máis útiles á sociedade do que sodes agora”, engadíu o concelleiro. As tres accións formativas das que hoxe se entregaron diplomas estiveron dirixidas a desempregados/as. No caso do curso de dependente de comercio, as beneficiarias foron mulleres, mentres que o de construcción metálica e no de carpinteiro os destinatarios forno tanto homes coma mulleres. Sánchez Fojo agradeceu a labor da Obra Social de Caixa Galicia no programa formativo municipal, e tamén abríu a man á Xunta para continuar no camiño da colaboración entre institucións de cara a mellorar a formación laboral dos desempregados, con iniciativas coma o Plan FIP. NEsta edición, o perfil dos alumnos esixíu un nivel alto de cualificación no sector da madeira. Neste caso o grado de inserción laboral chegou ata o 65% do total dos participantes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal