Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO NO PLENO POLA MORTE VIOLENTA DUNHA VECIÑA DA PARROQUIA NARONESA DO COUTO
O salón de plenos acolleu o día 30 a última sesión plenaria de 2015
Narón, 30 de decembro de 2015. A corporación local de Narón e o resto de asistentes ao pleno ordinario celebrado no Concello gardaron un minuto de silencio antes de iniciar a sesión en repulsa do asasinato o pasado día 29 dunha veciña do lugar de Cornido, na parroquia do Couto, de 79 anos, Cándida Pérez Calderón. O rexedor local, José Manuel Blanco, condenou os feitos e amosou a súa plena confianza en que as investigacións en marcha culminen canto antes para esclarecer os feitos e que a xustiza poida actuar de inmediato. Tralo minuto de silencio aprobáronse unha serie de modificacións dos inventarios de camiños e bens municipais e tamén se acordou por unanimidade solicitar autorización ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas para a reposición do 100% de prazas vacantes na Policía Local para aprobar a Oferta Pública de Emprego do Concello para 2015, deixando constancia de que a medida non implica risco algún no cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria. Así mesmo, por unanimidade saiu adiante a proposta de inclusión de representantes corporativos nos distintos Consellos Territoriais (adxúntase un documento coa súa composición), quedando aínda pendentes de designar algúns de asociacións do municipio para proceder a convocar as xuntanzas nas primeiras semanas do vindeiro ano. A corporación local respaldou tamén de xeito unánime a adhesión do Concello ao proxecto internacional do Consello Nacional de Investigación “A Cidade dos Nenos”, o que permitirá complementar as actividades que desde hai anos se desenvolven co programa municipal de Educación Vial nos centros escolares. No apartado das mocións, rexeitouse a presentada por Eliximos Narón Electores (ENE) sobre a modificación do regulamento de baixa tensión para o uso do aluminio nas instalacións de alumeado exterior e as tamén presentadas pola citada formación para mellorar a información ao público e transparencia e para adoptar desde o Concello a ordenanza tipo de transparencia da Federación Española de Municipios e Provincias, explicando desde o goberno local que se trata de cuestións nestes dous últimos casos nas que se está traballando e en base ás indicacións de informes técnicos no caso do uso de aluminio no cableado da iluminación exterior. Na convocatoria aprobouse a moción de Esquerda Unida para declarar Narón como vila libre de circos con animais e tamén as presentadas pola mesma formación sobre a loita contra o VIH/SIDA e a cementeira de Castro, se ben nesta última se aceptou unha enmenda “in voce” presentada por Terra Galega para modificar o punto primeiro do acordo, no que constaría: “Que o pleno de Narón acorda manifestarse a favor do cumprimento de todas as sentencias” sobre a cementeira e tamén outra plantexada polo PP para que se traslade a resolución non só á Consellería de Medio Ambiente senón tamén á de Xustiza. Fóra da orde do día presentouse unha moción urxente para levar a cabo accións xudiciais na reclamación do Concello frente á empresa Sogama para interponer desde o Concello un recurso Contencioso Administrativo ante o TSXG en defensa dos intereses municipais, que tamén se aprobou.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es