Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS GAÑADORES DO CUARTO SORTEO DA CAMPAÑA NAVIDEÑA DO COMERCIO DE NARÓN RECOLLERON OS SEUS PREMIOS NO CONCELLO
A campaña repartiu xa dezaoito carros de compra e catro cestas con produtos de Nadal e entregará este mes dous vales de compra de 500 euros e outros dous de 300 euros
Narón, 4 de xaneiro de 2016. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, entregou xunto a representantes da Asociación de Comercio de Narón catro carros e unha cesta con produtos de Nadal, os últimos sorteados con cargo á campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, impulsada polo Concello. Os gañadores dos carros foron José Díaz, Milagros García, Estela Millán e Manuel López, cuxas papeletas resultaron elixidas nos establecementos Óptica Valero, Óptica La Gándara, Marijose e Yedra Interiorismo, respectivamente. A cesta foi para Verónica Fernández, premiada cunha papeleta depositada en Galerías Layme. O edil naronés felicitou aos premiados e animounos a seguir realizando as súas compras nos pequenos e medianos comercios locais, un sector que ofrece unha gran variedade de produtos no municipio. A campaña de comercio de Nadal de Narón repartiu desde o seu inicio, o pasado mes de decembro, un total de 18 carros de compra cun valor de 100 euros cada un deles e catro cestas tamén con produtos de Nadal valoradas en 125 euros cada unha. A iniciativa inclúe ademais o sorteo de dous vales de compra por importe de 500 euros cada un e outros dous de 300 euros que terá lugar o día 14 de xaneiro, se ben a recepción no Concello aos últimos premiados nesta convocatoria está prevista para o día 16 deste mes, cunha entrega simbólica dos citados vales, que terán que gastar os días 19 e 20 de xaneiro nos comercios adheridos a esta campaña.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es