Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PLENO APROBA O COBRO DA AUGA POR CONSUMO REAL
O novo sistema de facturación entrará en vigor a partires do 1 de Abril
Narón, venres 1 de Febreiro de 2008.- O Pleno Ordinario do Concello de Narón aprobou onte a modificación do sistema de facturación do consumo da auga. A partires do próximo 1 de Abril, o Concello –a través da empresa mixta de augas Cosma- pasará a cobrar polo volumen de auga consumida, establecendo un tope de 28m3 por trimestre para tódolos clientes. O prezo da auga variará en función do tipo de consumidor, dividíndose entre clientes domésticos, industriais e de obra. Con esta medida, o Concello premiará o aforro de auga, xa que aqueles que consuman menos de 28 m3 por trimestre verán notablemente reducido o prezo do seu recibo. Segundo o goberno local, o 60% dos naroneses non superan este límite xa que o seu consumo medio establécese en 24 m3. Para facer posible este cambio de tarificación, o Concello ven de aprobar a modificación das Ordenanzas Fiscais nº 8 e nº9, para o cobro da auga por consumo real. MOCIONES Outro dos puntos da orde do día de hoxe foi unha moción do PP pola que se instaba á Deputación de A Coruña e á Xunta á execución inmediata do proxecto de mellora e ampliación da estrada provincial de San Xiao de Narón (CP-5401), que transcurre dende a Estrada de Castela ata O Val por Castro. A moción foi aprobada gracias ós votos a favor do goberno PP- TEGA, e nela tamén se solicita á Xunta de Galicia a resolver os problemas que, segundo o goberno provincial, impiden o entronque deste vial coa Estrada de Castela. Na exposición de motivos desta moción lémbrase que os veciños da parroquia de San Xiao de Narón “soportan, desde hace muchos años, un grave problema de seguridad vial en la CP-5401. Gobiernos anteriores de la Diputación de A Coruña encargaron la redacción de un proyecto para esta vía, con la finalidad de mejorar la seguridad en la zona”. Os populares denuncian neste texto “la estrechez del vial, las numerosas curvas de su trazado y la ausencia absoluta de aceras”. No Pleno presentouse ademáis unha moción do BNG para a prestación eficaz do servizo de Correos, na que se instaba ó Ministerio de Fomento –a través do goberno galego- a garantir a prestación eficaz do servizo postal universal en todo o municipio, sen discriminación polo lugar de residencia. Esta proposta foi aprobada por unanimidade. Ademáis, a Corporación acordou o nomeamento de dúas rúas de nova apertura na zona do Alto: a rúa Mosteiro San Martiño (situada no marxe dereito da Avenida Souto Vizoso e paralela á rúa Mosteiro de Caaveiro) e a rúa Josefa Losada (perpendicular ó marxe esquerdo da Estrada de Castela, e paralela á rúa Manuel Masdías).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal