Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPAÑÍA SARABELA TEATRO REPRESENTARÁ "ENSAIO SOBRE A CEGUEIRA" NO PAZO DA CULTURA
A posta en escena desta peza dramática do escritor José Saramago terá lugar o 30 de xaneiro
Narón, 28 de xaneiro de 2016. A compañía Sarabela Teatro representará o sábado día 30 a obra "Ensaio sobre a cegueira" no Pazo da Cultura, baseada nunha novela do premio Nobel José Saramago. A posta en escena terá lugar ás 20.00 horas e as persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas na taquilla do Pazo a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para os abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. Esta peza dramática, dunha hora e media de duración, conta una historia de supervivencia dun home que de súbito queda cego, co que a súa vida desde entón experimentará un gran cambio e será una continua loita por saír adiante. O elenco da compañía está formada por nove actores e actrices.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es