Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FIRMADOS DOUS CONVENIOS DE COLABORACIÓN EN EDUCACIÓN VIAL
As empresas Alcampo e Begano S.A. doarán material para realizar actividades de educación vial nos centros escolares
Narón, venres 8 de Febreiro de 2008.- O Concello de Narón a través do seu Alcalde, Xoán Gato, firmou esta mañá sendos convenios de colaboración coas empresas Alcampo e Begano S.A. (esta última, responsable da marca Coca-Cola en Galicia). Ambas firmas comprométense a impulsar o programa de educación vial promovido polo Concello, mediante a doazón de material (como bicicletas ou monopatíns) para a realización de diversas actividades relacionadas con este tema. Pola súa banda, o Concello colocará o logotipo destas marcas no libro de Educación Vial “Somos colegas na rúa”, no que se recollen tódalas normas de seguridade vial que deberán cumprir os peóns, conductores e pasaxeiros. O convenio firmado hoxe estará en vigor ata o 31 de decembro de 2008. A este respecto, o Alcalde expresou o seu agradecemento ós patrocinadores por colaborar co programa de educación vial, e declarou ademáis que ésta "debería ser unha asignatura obligatoria nos colexios, para formar ós pequenos nos peligros da circulación vial”. A Policía Local de Narón colabora neste proxecto de xeito activo, xa que os axentes son os encargados de desenvolver o programa “Narón, camiñemos seguros” que se leva a cabo nos centros educativos do Concello. O Xefe da Policía Local, Eduardo Pita, asistiu á firma do convenio na que tamén participaron Jose Angel Vigo, delegado territorial de Begano S.A., e Javier de Paz, director de Alcampo en Ferrol.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal