A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE AXUDAS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, e una arquitecta do IGVS informarán aos asistentes á convocatoria, que terá lugar o 3 de marzo
Narón, 1 de marzo de 2016. O baixo da Biblioteca Municipal acollerá o día 3 de marzo a xornada informativa Vivendas do Camiño, sobre as subvencións impulsadas pola Consellería de Infraestruturas a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)- e coa colaboración do Ministerio de Fomento para rehabilitar vivendas e edificios localizados nos tramos dos Camiños de Santiago. Á xuntanza, que comezará ás 20.00 horas, asistirán a arquitecta Ana Díaz, en representación do IGVS e o concelleiro de Urbanismo de Narón, Manuel Ramos.
As axudas enmárcanse no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas (Plan estatal 2013-2016), que no municipio afecta a inmobles localizados nas parroquias da Gándara, O Couto, Freixeiro, Piñeiros e Xuvia. Contémplanse subvencións para obras de mantemento co fin de adecuar os edificios á normativa vixente; para mellora da eficiencia enerxética e das condicións de accesibilidade. O importe das mesmas non poderá exceder do 35% do custe subvencionable da actuación e está limitado a 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación.
No transcurso da xuntanza que terá lugar na Biblioteca municipal os asistentes recibirán información máis detallada sobre a finalidade das axudas, cuxo plazo de solicitude está aberto, e tamén sobre os requisitos para poder acceder ás mesmas.