Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XOVE BANDA DE NARÓN ACTUARÁ NO LOCAL DA POMBIÑA CON MOTIVO DA FESTIVIDADE DE SAN JOSÉ
A actividade enmárcase nun convenio co Padroado da Cultura de Narón e dará comezo o 19 de marzo ás 19.00 horas
Narón, 18 de marzo de 2016. A Xove Banda de Narón, da Asociación Cultural Musical Sementeira, actuará mañá, a partir das 19.00 horas, no local da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, na parroquia de Pedroso. Así o anunciou a vicepresidenta do Padroado da Cultura e concelleira da área, Marián Ferreiro, que recordou que esta actividade –enmarcada nun convenio entre a citada asociación musical e o Padroado- se desenvolve desde hai xa dúas décadas nesta parroquia naronesa para conmemorar a festividade de San José, Día do Pai. A Xove Banda de Narón intégrana na actualidade cincuenta nenos e nenas de entre nove e dezaoito anos, todos eles formados nas Escolas de Música de Sementeira, cuxas clases se imparten a través do Padroado da Cultura en virtude ao citado convenio.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal