Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO COLEXIO DA SOLAINA VISITOU A CASA CONSISTORIAL
Un grupo de vinte e cinco nenos e nenas de cinco anos percorreu as instalacións do Concello e foi recibido polo alcalde, José Manuel Blanco, no salón de plenos
Narón, 7 de abril de 2016. Un grupo de vinte e cinco nenos e nenas de cinco anos do colexio da Solaina visitou o Concello. Os menores percorreron diferentes estancias da Casa Consistorial acompañados por persoal municipal e mestras do citado centro escolar da localidade. Unha vez no salón de plenos foron recibidos polo alcalde, José Manuel Blanco, que conversou animadamente cos nenos e nenas, respostou ás preguntas que lle realizaron e entregoulles un agasallo. Foi tamén o salón de plenos o lugar no que os menores presenciaron a proxección dun vídeo con imaxes do Concello, da bandeira institucional, e tamén dalgunhas instalacións municipais, como a Biblioteca do Alto. A visita desta mañá sumouse ás que periodicamente se realizan co alumnado de diferentes centros educativos da localidade ao longo do curso escolar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal