Os temas incluídos no disco "Chapeu" contan coa colaboración de recoñecidos profesionais da música
Narón, 8 de abril de 2016. O concerto de Tatán R. Cunha, baixo o título de Tatán Chapeu gran formato, terá lugar o 9 de abril no Pazo da Cultura de Narón. Trátase da primeira incursión no mundo da música de Eduardo Rodríguez (coñecido como Tatán) e conta coa colaboración de Pablo Vidal, Magín Blanco e Uxía, entre outros recoñecidos profesionais da música. A actuación comezará ás 20.00 horas e terá unha duración de aproximadamente noventa minutos. As entradas pódense adquirir na taquilla do Pazo a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.
As diferentes historias deste espectáculo musical, inspiradas no mundo do teatro e nas que a amistade xoga un papel fundamental, contaranse a través dunha ducia de cancións incluídas no disco Chapeu, que responden a diferentes estilos musicais.