Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE DUASCENTAS PERSOAS VISITARON O MOSTEIRO DO COUTO A PASADA SEMANA SANTA
A Concellería de Turismo retomou o programa de visitas guiadas ao cenobio naronés entre os días 20 e 27 de marzo
Narón, 10 de abril de 2016. Un total de 213 persoas visitaron o mosteiro de San Martiño de Xuvia, no Couto, entre os días 20 e 27 de marzo, no marco do programa de visitas guiadas a este cenobio naronés que se retomou desde a Concellería de Turismo, á fronte da que está a edil Natalia Hermida. A concelleira naronesa valorou a resposta que un ano máis tivo esta iniciativa, que despertou o interese non só da veciñanza de Narón, senón tamén da que chegou desde municipios da comarca, doutras localidades galegas e españolas e de países estranxeiros. En canto á procedencia dos visitantes, 135 persoas eran da comarca: 74 do concello de Ferrol; 50 de Narón; catro de Mugardos; tres de Fene, dous de Ares e outros dous de Neda. No que respecta ás visitas de persoas doutras localidades de Galicia e de España, contabilizáronse 56 en total: 23 persoas procedían de Madrid; 16 da Coruña; catro de Barcelona e outras tantas de Pontevedra; dúas de Valladolid e a mesma cifra de Asturias, Bilbao e Albacete e unha de Ceuta. O mosteiro do Couto espertou tamén durante a pasada Semana Santa o interese de visitantes estranxeiros, un total de 22. Do total, 18 eran alemáns; dous irlandeses e outros dous estadounidenses. Dúas guías encargáronse de acompañar aos visitantes, en grupos reducidos, polo interior do mosteiro do Couto e os xardíns exteriores, nos horarios habilitados durante eses dez días, pola mañá e pola tarde. Hermida apuntou que, tal e como se recolle nos datos do balance final, o primeiro domingo, día 20 de marzo, e a última fin de semana, do 25 ao 27, foron os días nos que se rexistrou unha maior afluencia de visitantes. Entre eles, apuntou a concelleira, houbo dous pequenos grupos de persoas con mobilidade reducida, aos que desde a organización se lles prestou a axuda pertinente para que puideran realizar o percorrido. “O programa de visitas guiadas ao mosteiro do Couto foi novamente un éxito”, asegurou Natalia Hermida. A concelleira destacou o valor desta construción eclesiástica do municipio e avanzou que desde a área de Turismo se continuarán mantendo este tipo de iniciativas co fin de dar a coñecer o potencial do sector na localidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal