Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
TEATRO E MÚSICA INFANTIL GALEGA CENTRAN A PROGRAMACIÓN DESTA FIN DE SEMANA NO PAZO DA CULTURA
A compañía El Vodevil representará o 16 de marzo a obra "Mármol" e a agrupación Urdime subirá ao escenario o día 17 deste mes para interpretar varios temas de música tradicional galega del espectáculo "Sons miúdos" dirixidos ao público infantil
Narón, 14 de abril de 2016. A compañía teatral El Vodevil estará este sábado, día 16, no Pazo da Cultura de Narón representando a obra “Mármol”. Elena González, Susana Hermández, Pepe Viyuela e José Luis Alcobendas compoñen o elenco desta peza dramática, dirixida por Antonio C. Guijosa e cuxa representación comezará ás 20.00 horas. O espectáculo, dirixido a público adulto, ten unha duración de case unha hora e media e as entradas están á venta na taquilla do Pazo, a un prezo de 15 euros para o público en xeral e de 10,50 euros para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. “Mármol” é unha obra dramática contemporánea protagonizada por Art e Ben, dous amigos que xunto coas súas mulleres, Anne e Catheriene, respectivamente, experimentan unha serie de vivencias que fan reflexionar ao espectador sobre os soños e as realidades en xeral e as relacións de parella en particular. Na xornada do domingo, día 17, será o turno de Urdime, que traerá ao Pazo o espectáculo de música infantil galega “Sons miúdos”. Doce artistas –un cuarteto, seis cantantes e dous actores- subiranse ao escenario para interpretar un variado repertorio de música infantil galega dos últimos quince anos, que comezará ás 18.00 horas. Os actores de Ghazafelhos Pepablo Patiño e Montse Piñón conducirán este concerto musical, que reunirá no escenario a recoñecidos profesionais do mundo da música, como Magín Blanco, Xoán Curiel, Ana Senlle, Javier Constenla e Carlos Freire, entre outros. As entradas dispoñibles están á venta na taquilla do Pazo, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para o resto.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal