Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL "SEMENTEIRA"
A administración local aportará 50.000 euros, unha cantidade con cargo á que se impartirán clases de solfexo e instrumentos
Narón, 19 de abril de 2016. O presidente do Padroado da Cultura de Narón, José Manuel Blanco, e o da Asociación Cultural Musical de Narón “Sementeira”, Manuel Rodríguez, asinaron un convenio de colaboración para impartir clases de solfexo e instrumentos. A cita desenvolveuse nas instalacións do Pazo da Cultura e o acordo supon á administración local un desembolso de 50.000 euros. O obxectivo é a cooperación no eido musical entre o Padroado da Cultura e “Sementeira”. A maiores da aportación económica –que se incrementou nuns 5.000 euros con respecto ao ano pasado-, o Padroado cederá á citada agrupación musical os instrumentos da súa propiedade, que deberán conservarse en bó estado. Pola súa parte, “Sementeira” comprométese a impartir clases de solfexo e instrumentos de vento e percusión de primeiro a quinto nivel; a manter a actividade da banda de música –que non poderá ter menos de 35 compoñentes-, e a realizar dez concertos ao ano en Narón. O convenio expira o 31 de decembro deste ano. Un dos concertos que desenvolverá “Sementeira” na localidade terá lugar este sábado, día 23, no marco do III Encontro de Bandas de Música, que comezará ás 19.30 horas no Pazo da Cultura. Neste evento participarán a Banda de Música “Sementeira” de Cambre; a Banda de Música Municipal de Brión e a Xove Banda de Narón. O prezo das entradas é de dous euros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal