Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DO OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS DO PADROADO DA CULTURA NO CIFP FERROLTERRA
O Padroado colabora con esta mostra nas "XXII Xornadas Técnicas Nacionais do Profesorado de Madeira e Moble" que se desenvolven en Ferrol
Narón, 21 de abril de 2016. O CIFP Ferrolterra, de Ferrol, acolle unha exposición cunha trintena de instrumentos musicais realizados polo alumnado dos Obradoiros de Construción de Instrumentos Tradicionais Galegos que se imparten a través do Padroado da Cultura do Concello de Narón. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 3 de maio –no horario habitual de apertura do centro unha vez rematadas as xornadas- e enmárcase nas “XXII Xornadas Técnicas Nacionais do Profesorado de Madeira e Moble” organizadas polo citado centro para os días 21, 22 e 23 de abril, en colaboración con diversas entidades, entre elas o Padroado da Cultura de Narón. Pandeiretas, pandeiros, pandeiras, bombos –un deles, o de maior tamaño, cun debuxo do muíño de Xuvia-, charrascos, trécolas, culleres e tambores son algúns dos instrumentos que se poden ver nesta mostra. Unha parte dos mesmos realizouse este ano, se ben outros xa os fixo alumnado de cursos anteriores. O Obradoiro de Construción de Instrumentos Tradicionais Galegos do Padroado da Cultura ten neste curso un total de 63 alumnos e alumnas, todos eles maiores de dezaséis anos, requisito imprescindible para poder asistir. As clases impártense os martes, mércores e venres polas tardes e os sábados todo o día entre os meses de outubro e xuño. O profesor Emilio Romero está á fronte deste obradoiro desde hai dezaséis anos, se ben as clases impártense desde o ano 1996 a través do Padroado da Cultura do Concello de Narón, cunha gran aceptación entre a veciñanza.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal