Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DA ESCOLA DE FORMACIÓN DE ACTRICES E ACTORES DO PADROADO DA CULTURA PECHARÁ A "VIII MOSTRA DE TEATRO AMADOR" EN SAN XIAO
A última representación deste ciclo, organizado pola AVV Ceibe San Xiao e o Padroado da Cultura de Narón, terá lugar o día 24 de abril no local social da citada parroquia
Narón, 22 de abril de 2016. Alumnado da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores de Narón protagonizará o espectáculo “Non sempre chega o bus” que pechará a “VIII Mostra de Teatro Amador” de San Xiao este domingo, día 24. A posta en escena terá lugar no local social da citada parroquia naronesa a partir das 19.00 horas. Esta obra, autoría do actor e director naronés José Prieto, consta dunha serie de monólogos que teñen un autobús como eixo fundamental da súa temática. O alumnado das clases de Creatividade que se imparten na Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón, dirixido por Prieto, protagonizará unha serie de monólogos baixo un tema común. A participación do colectivo nesta Mostra de Teatro Amador supón un novo avance á hora de poñer en escena a aprendido polos alumnos e alumnas nas súas clases. O Padroado da Cultura do Concello de Narón colabora nesta convocatoria, iniciada o pasado día 3 de abril e cuxo programa incluíu catro representacións teatrais, todas de balde.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es