Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO COLEXIO VIRXE DO MAR PARTICIPOU NUNHA PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
A Asociación Xuvenil de Tempo Libre "Croio" e o Concello organizaron a convocatoria
Narón, 23 de abril de 2016. Unha trintena de nenos e nenas de entre cinco e seis anos do colexio Virxe do Mar, de Narón, participaron esta mañá na plantación de árbores que a Asociación Xuvenil de Tempo Libre “Croio” e o Concello de Narón organizaron no paseo marítimo de Xuvia. En total plantáronse corenta árbores na zona, de especies como o “liquidámbar”, o “acivro”, “magnolio” ou “loureiro portuxés”, entre outras. O alumnado implicouse na tarefa a pesar da choiva das primeiras horas desta mañá, que non impediu desenvolver a actividade prevista. Acompañados dos seus pais e nais, presentáronse na zona –á altura da parte traseira da igrexa de Santa Rita- sobre as 11.30 da mañá, para recibir as explicacións pertinentes sobre cómo plantar as árbores. Uns minutos máis tarde comezou a actividade, na que tamén participaron activamente varios edís da corporación local naronesa. Cada unha das árbores leva un distintivo co nome da especie e das persoas que colaboraron na súa plantación. Ao finalizar o traballo, os nenos e nenas tomaron un refrixerio e recibiron uns agasallos institucionais: unha gorra, o libro “Coñecer Narón en nove itinerarios” e unha placa conmemorativa desta actividade, na que figura o nome de cada un dos menores.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es