Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EMPRESA COSMA CORTARÁ O SUBMINISTRO DE AUGA NUN TRAMO DA ESTRADA DE CASTELA POLAS OBRAS DOS INTERCEPTORES XERAIS DE ABASTECEMENTO
A falta de auga ou as baixadas de presión manteranse desde o domingo día 24 ás 22.00 horas ata o luns 25, ás 8.00 horas
Narón, 23 de abril de 2016. A Compañía de Servizos Medioambientais do Atlántico (Cosma) anunciou un novo corte no subministro de auga que terá lugar na noite do día 24 de abril. Desde a empresa puntualizaron que a medida responde á necesidade de reformar a tubaría xeral de abastecemento, unha tarefa que hai que executar para poder realizar o cruce de estrada para a obra do interceptor xeral de abastecemento. O corte no subministro de auga comezará o domingo día 24 ás 22.00 horas e rematará o luns día 25, ás 8.00 horas. A medida afectará aos números pares da estrada de Castela, desde o cruce deste vial coa avenida Concepción Arenal (non tendo efectos nos inmobles desta última vía) ata a intersección da estrada de Castela coa avenida Conde de Fenosa (tamén sen efecto nesta última vía). As rúas transversais á estrada de Castela no citado tramo tamén se verán afectadas polos cortes do subministro ou, nalgúns casos, por baixadas de presión no mesmo. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, recordou que se trata dunha medida como a que se levou a cabo nas xornadas dos pasados luns e martes e explicou que se traballa durante as noites para afectar o menos posible á poboación. Así mesmo, o edil pediu novamente desculpas á veciñanza polas molestias que poidan ocasionar os cortes no subministro de auga durante esas horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal