Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNOS E ALUMNAS DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN REPRESENTARÁN A OBRA "O ÚNICO QUE HAI QUE FACER É SALTAR SOBRE A LÚA"
A posta en escena terá lugar o 5 de maio ás 20.30 horas no Pazo da Cultura
Narón, 3 de maio de 2016. Os alumnos e alumnas de terceiro curso da Escola de Teatro de Narón subiranse ao escenario do Pazo da Cultura este xoves, día 5, para representar a obra “O único que hai que facer é saltar sobre a lúa”. A iniciativa enmárcase no programa de actuacións que realiza o alumnado das Escolas do Padroado da Cultura do curso 2015/2016. A representación deste xoves terá lugar a partir das 20.30 horas. Esta obra musical está dirixida por Celia González, profesora da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón. Trátase dun traballo de investigación escolar no que os oito alumnos e alumnas do último curso da Escola de Teatro cantarán e bailarán varios temas da historia do teatro musical. Celia Gómez propuxo ao alumnado que elixise musicais para, posteriormente iniciar unha tarefa de investigación sobre datos curiosos dos mesmos e, a partir de aí, a docente procedeu a montar os números de canto e baile. “Jesucristo Superstar”, “Funny Girl” e “Los miserables” foron algúns dos escollidos polos rapaces e rapazas, que cantarán temas en versión orixinal ou galega, dependendo da peza. Sobre o escenario haberá tamén dous músicos para os temas dos espectáculos en directo: Francisco Couce, percusionista con caixón andaluz e pianista, e Xoán Padín, guitarrista. Os diferentes números iranse sucedendo a través dun nexo entre eles mediante a aportación deses datos curiosos que buscaron os alumnos e alumnas sobre os diferentes musicais a interpretar nesta convocatoria. A actividade ten unha duración total dunha hora e as persoas interesadas poden recoller as entradas –de balde- na billeteira do Pazo da Cultura, en horario de 10.30 a 14.00 e de 18.00 a 20.30. As oito persoas matriculadas no último curso da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón completarán co remate das clases deste ano o ciclo de 1.500 horas formativas, ás que hai que sumar as correspondentes ás actividades complementarias que se desenvolven durante o curso.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal