Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE RECIBIU NO SALÓN DE PLENOS A ALUMNADO DO CPI DO FEAL
Os escolares coñeceron as dependencias da Casa Consistorial e reuníronse co rexedor local, José Manuel Blanco
Narón, 6 de maio de 2016. Unha vintena de rapaces e rapazas de quinto curso de Primaria do colexio do Feal visitaron o Concello de Narón. Tras coñecer parte da historia do municipio e percorrer algunhas dependencias da Casa Consistorial, o alumnado visitou o salón de plenos, donde se lles amosou unha proxección sobre a localidade e a administración local antes de que os recibise o alcalde, José Manuel Blanco. Algúns dos escolares animáronse a preguntarlle ao rexedor local varias cuestións, maioritariamente relacionadas coas tarefas que realiza un alcalde no Concello. Os menores, que atenderon ás explicacións sobre o funcionamento da administración local, recibiron un agasallo institucional en recordo da súa estancia no Consistorio.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal