Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DUN MILLEIRO DE PERSOAS PARTICIPARON NAS "UNIDADES DIDÁCTICAS DOS MAIOS" ORGANIZADAS POLO PADROADO DA CULTURA
Programáronse diversas actividades nos colexios da localidade e tamén en entidades veciñais
Narón, 12 de maio de 2016. Algo máis dun milleiro de escolares de educación Infantil e de primeiro e segundo curso de Primaria de varios centros educativos e de diversas entidades de Narón participaron nos últimos días nas “Unidades didácticas dos Maios”. Trátase dunha iniciativa impulsada desde o Padroado da Cultura, cuxa vicepresidenta é a edil da área, Marián Ferreiro, que se desprazou ao colexio Ponte de Xuvia para presenciar a sesión na que participaron nenos e nenas de primeiro e segundo curso do citado centro. En xornadas anteriores realizaron os seus Maios alumnos e alumnas do CRA e dos centros Ayala, Santiago Apóstol, A Solaina, O Feal e Virxe do Mar. A edil de Cultura, Marián Ferreiro, agradeceu a resposta tanto dos centros escolares como dos representantes das diversas entidades do municipio “á hora de implicarse nestas unidades didácticas coas que apostamos por dar a coñecer a historia dos Maios desde a nosa localidade”. A veciñanza e os menores que participan nesta proposta elaboran o seu propio Maio, coa axuda de persoal do Padroado da Cultura que se despraza aos centros e locais dos diferentes colectivos, empregando material moi colorido para exaltar esta celebración, característica da época primaveral en Galicia. Os traballos realizados exporanse no pavillón polideportivo de Piñeiros, onde poderán verse o sábado, día 14, pola tarde, e tamén o domingo día 15, entre as 11.00 e as 20.00 horas. Deste xeito, os citados traballos inclúense no programa para celebrar os Maios organizado polo Concello de Narón e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros os días 14 e 15 de maio. No programa das “Unidades didácticas dos Maios” implicáronse a AVV Virxe de Fátima, de Freixeiro; a asociación Semente de Trasancos, de San Mateo; a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, e a Fundación Terra de Trasancos, do Val. As primeiras convocatorias destas “Unidades didácticas dos Maios” desenvolvéronse o pasado 2 de maio no CPR Ayala, con alumnos de terceiro, cuarto e quinto curso e remataron hoxe no colexio Ponte de Xuvia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal